Menu

Estratexia de Acción Exterior de España 2025-2028

Que é a Estratexia de Acción Exterior?

A Estratexia de Acción Exterior de España 2025-2028 é o documento marco que define as prioridades e orientacións da acción exterior do noso país para o próximos catro anos. Foi elaborada mediante un amplo proceso participativo que contou coa colaboración de ministerios, comunidades autónomas, entidades locais, partidos políticos, sociedade civil, sector privado e expertos en relacións internacionais. 

A Estratexia fixa a folla de ruta de España no escenario internacional precisando os valores que a inspiran, os intereses prioritarios que persegue e a maneira en que proxectará o seu papel no mundo. 

Obxectivos principais da Estratexia

A Estratexia parte dunha análise do contexto internacional, marcado por tres desprazamentos sistémicos: dun mundo baseado en regras cara a outro no que priman lóxicas de poder, da eficiencia económica da globalización cara á procura de resiliencia e da confianza no progreso cara a unha era de maior incerteza. Neste marco, España articula a súa resposta ó redor de tres grandes eixos de actuación:

  1. Unha Europa reforzada: A Estratexia sitúa a construción dunha Unión Europea máis autónoma, ambiciosa e cohesionada no centro da acción exterior de España. Para iso apoiarase o reforzo das capacidades de actuación a nivel europeo e un incremento do financiamento conxunto de bens públicos europeos. Ademais, impulsarase unha maior coordinación da acción exterior europea, fomentando a converxencia estratéxica na percepción de ameazas entre os Estados membros.

  2. España comprometida: A Estratexia reafirma o compromiso de España co dereito internacional e a defensa dos dereitos humanos, á vez que aposta por preservar, reformar e reforzar o sistema multilateral, hoxe en crise. Promove unha gobernanza internacional máis inclusiva en ámbitos como a saúde global, a economía e a tecnoloxía.

    A nosa acción exterior seguirá guiada por unha política exterior feminista, o impulso dunha migración segura, ordenada e regular, e o liderado na diplomacia climática. Nun contexto de crise de solidariedade global, España reforzará a cooperación para o desenvolvemento canalizando máis recursos cara á acción humanitaria.

  3. Unha España que constrúe paz e seguridade: A seguridade da cidadanía española constitúe unha prioridade esencial. Nun mundo máis conflitivo, España incrementará as súas capacidades e reforzará o seu compromiso coa defensa colectiva, a loita contra o terrorismo, o desarmamento e o control de armamentos.

A Estratexia aposta tamén por unha acción exterior coherente co dereito internacional humanitario, orientada á mediación e a construción de paz. Subliña a importancia de fortalecer a resiliencia democrática fronte a ameazas como a desinformación, o discurso de odio e o uso malicioso de tecnoloxías emerxentes. 

A Estratexia pon especial énfase na asistencia e protección dos españois no exterior, que xa superan os tres millóns. Para iso, continuarase modernizando a rede consular co fin de ofrecer un servizo máis áxil e accesible. 

Finalmente, potenciaranse os instrumentos de diplomacia económica, científica e pública, á vez que se reforzará a promoción internacional da cultura e das linguas españolas

Acto de presentación oficial

A Estratexia de Acción Exterior 2025-2028 foi presentada na sede do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación nun acto presidido polo ministro José Manuel Albares, acompañado por representantes das administracións, expertos e actores crave da acción exterior española. 

Durante a súa intervención, o ministro subliñou o compromiso de España cunha Europa máis forte e autónoma, coa defensa do multilateralismo e cunha acción exterior coherente, moderna e aberta ó mundo.

 

Ver programa do acto Ábrese nunha nova xanela

Descarga a Estratexia en diferentes idiomas 

A Estratexia de Acción Exterior 2025-2028 está dispoñible en varios idiomas para a súa consulta e descarga: 



Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu funcionamento, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario. Máis información na nosa política de cookies.