As sancións internacionais convertéronse nun elemento fundamental no ámbito das relacións internacionais contemporáneas. Son medidas coercitivas que se aplican contra Estados, entidades non estatais ou individuos que supoñen unha ameaza para a paz e a seguridade internacional. Os obxectivos que se perseguen son modificar o comportamento dun actor, diminuír a súa capacidade de manobra ou debilitar a súa posición e denunciar publicamente ós actores que supoñen unha ameaza para a paz e a seguridade internacional. As sancións revisten un carácter fundamentalmente preventivo e deben ser proporcionais. Recórrese a elas como alternativa ó uso da forza armada.
Para evitar efectos adversos sobre terceiros, na medida do posible, as sancións diríxense contra individuos ou entidades concretas e deben ser sempre conformes co Dereito Internacional e os Dereitos Humanos. Como exemplo, poden darse medidas de tipo económico-comercial (o embargo de armas), financeiro ou sancións individuais, como a prohibición de entrada a un Estado ou a conxelación dos seus activos.
A día de hoxe existen tres organismos principais na imposición de sancións: Nacións Unidas, a Unión Europea e a OSCE.
O Capítulo VII da Carta de Nacións Unidas establece a base xurídica para a imposición de medidas coercitivas no seo das Nacións Unidas. O Consello de Seguridade é o órgano facultado para adoptar medidas que non impliquen o uso da forza armada, co obxectivo último de manter ou restablecer a paz e seguridade internacionais. Os réximes de sancións máis frecuentes son os destinados á non proliferación de armas nucleares, á loita contra o terrorismo, a resolución de conflitos ou o apoio a réximes democráticos.
Réximes de sancións adoptados polas Nacións Unidas
No ámbito da Unión Europea, as medidas restritivas configúranse como unha ferramenta clave da Política Exterior e de Seguridade Común (PESC) e empréganse para a defensa dos seus intereses estratéxicos e a protección dos seus obxectivos fundamentais no exterior. Poden darse tres tipos de medidas: transposición de medidas acordadas no marco das Nacións Unidas, medidas complementarias ás adoptadas polas Nacións Unidas ou medidas aprobadas por iniciativa propia. As sancións da UE apróbanse por unanimidade mediante unha Decisión do Consello no ámbito da PESC, obrigatoria en tódolos seus elementos para todos os Estados Membros. Se a decisión prevé a redución ou interrupción total ou parcial das relacións económicas e financeiras cun país terceiro, adoptarase un Regulamento da UE por maioría cualificada, a proposta conxunta da Comisión e do Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade. Porén, na práctica, a aprobación faise por consenso.
Sancións da Unión Europea
.
Finalmente, no ámbito da OSCE pode darse a imposición de embargos á compravenda de material de defensa e de dobre uso.
Autoridades españolas competentes
Corresponde ás autoridades competentes dos Estados Membros a aplicación e o respecto das sancións internacionais a través de medidas nacionais.
Autoridades Nacionais Competentes
Ferramenta de denuncia de sancións da UE
Mecanismo do Estatuto de bloqueo fronte ós efectos territoriais de sancións de terceiros Estados
Instrumentos xurídicos
.
Nota de orientación
.
A Comisión Europea puxo en funcionamento unha plataforma en liña que permite a calquera cidadán ou operador denunciar feitos, circunstancias, individuos ou entidades que puidesen estar involucrados en infraccións pasadas, presentes, futuras ou en tentativas de violación das sancións adoptadas pola Unión Europea. A Comisión garante, a través desta plataforma, o anonimato do denunciante.