Menu

Diplomacia pública

Que é a diplomacia pública?

A diplomacia pública como concepto relativamente recente no ámbito das relacións internacionais refírese á capacidade dos Estados para comunicar de forma estratéxica e tecer alianzas co obxectivo último de lograr a maior influencia posible nunha escena internacional caracterizada por un peso crecente da cidadanía e as redes sociais.

A diplomacia pública e a comunicación estratéxica diríxense, por tanto, á opinión pública e á sociedade civil co fin de proxectar os valores e posicións políticas dun país ou institución cara ó exterior. Toda acción exterior precisa de instrumentos que permitan estar en estreito e permanente contacto cun crecente número de actores na escena internacional, como empresas, institucións culturais e científicas e, de novo, a cidadanía no seu conxunto. A diplomacia pública pretende difundir e promover con maior eficacia as posicións dun país respecto das principais cuestións internacionais, así como as súas principais iniciativas. É un termo transversal que se desenvolve en ámbitos específicos como a diplomacia dixital, a diplomacia deportiva, a diplomacia cultural e científica e a diplomacia gastronómica.

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación é competente para a proposta e execución da política exterior de España en materia de diplomacia pública, incluídas a elaboración, coordinación e dirección dos plans e campañas oportunos. Coordínase, para iso, con múltiples institucións a el vinculadas, como a Rede de Casas ou as Fundacións-Consello, así como con outros actores dos ámbitos cultural, económico e comercial con proxección exterior.

Diplomacia dixital

O termo diplomacia dixital refírese ó exercicio da acción diplomática tanto en ámbitos estratéxicos específicos do sector tecnolóxico como no uso de ferramentas e canles de comunicación dixitais para desenvolver a acción diplomática en xeral. Neste último sentido, a comunicación dixital é unha ferramenta clave para o labor diplomático e unha parte fundamental da diplomacia pública. O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación desenvolve a súa comunicación dixital mediante os sitios web e os perfís de redes sociais do Ministerio e da rede de representacións e de consulados que se reparten por todo o mundo.

A diplomacia dixital non é unha maneira alternativa ou complementaria de exercer a acción diplomática senón un eixe fundamental da devandita acción; a comunicación dixital converteuse nunha actividade inherente á diplomacia. Dentro desta comunicación, as redes sociais constitúen o instrumento de maior inmediatez e relevancia, ademais de ser unha panca decisiva nos ámbitos da diplomacia pública, da comunicación estratéxica e da loita contra a desinformación.

A evolución cronolóxica e a amplitude do despregamento dixital da diplomacia española reflicten claramente a súa aposta pola diplomacia dixital, que se completa co labor desenvolvido polas representacións de España no exterior. Tódalas embaixadas, consulados e representacións permanentes dispoñen dos seus propios sitios web vinculados ó do Ministerio, e practicamente todos están presentes en redes sociais. O número de perfís das representacións e dos consulados aumentou desde 50 en 2014 a máis de 400 en 2024 . Actualmente, a totalidade das embaixadas, as dez representacións permanentes e tres cuartas partes dos consulados contan con perfís en redes sociais.


Diplomacia cultural e científica: riqueza e desenvolvemento

Cooperación Española foi pioneira en considerar a cultura como un elemento e motor esencial das políticas de desenvolvemento sostible. No actual Plan Director da Cooperación Española para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global (2024-2027) a cultura abórdase á vez como sector prioritario e como enfoque transversal. No desenvolvemento da política exterior de España, as políticas culturais desempeñan un papel estratéxico favorecido pola gran riqueza cultural e artística do noso país e polo español, segunda lingua nativa máis falada no mundo.

Instituto Cervantes (Belgrado). 2024 Balakate/Shutterstock Sede do Instituto Cervantes (Belgrado). Imaxe 2024 Balakate/Shutterstock


Diplomacia científica

Nos derradeiros anos, a  Diplomacia Científica española desenvolveuse significativamente. A súa influencia crecente en tódolos ámbitos sociais e, especialmente, nas relacións internacionais, outorga á diplomacia científica, tecnolóxica e de innovación unha importancia cada vez maior que contribúe ó fortalecemento da presenza internacional dun país e da súa imaxe no mundo. A Diplomacia Científica céntrase en catro esferas fixadas pola Administración Xeral do Estado: o ámbito investigador, o empresarial e as fundacións e centros de análise que apoian a investigación e a innovación.

 

Diplomacia cultural

A AECID, a través da súa Dirección de Relacións Culturais e Científicas (DRCC), executa as funcións e competencias que ten atribuídas o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación para a promoción e desenvolvemento das relacións culturais e a promoción da cultura española no exterior, así como as relacións científicas.​

Un hombre visita el pabellón de España durante la 38 edición de la Feria Internacional del Libro (FIL) de Guadalajara, este sábado en Guadalajara (México). El ministro de Cultura de España, Ernest Urtasun, destacó la importancia de la cultura y los libros para el diálogo y el reconocimiento de la diversidad de ambos países, durante la inauguración de la Feria Internacional del Libro (FIL) de Guadalajara. EFE 30/11/2024.-Un home visita o pavillón de España durante a 38 edición da Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara (México). O ministro de Cultura de España, Ernest Urtasun, destacou a importancia da cultura e os libros para o diálogo e o recoñecemento da diversidade de ambos os países, durante a inauguración da Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara. EFE ​​​​​​

Organismos e institucións

Para a proxección no exterior destes ámbitos, a AECID apóiase en diversos organismos e institucións.

No ámbito cultural, cóntase co apoio de diversas institucións. Destaca a Rede de Centros Culturais de España no exterior (Rede CCE),  (Rede CCE), dependente da DRCC, que traballa desde tres grandes liñas de acción fundamentais: o desenvolvemento das políticas de cooperación cultural e científica; o fortalecemento da acción cultural como factor para o desenvolvemento e o apoio á promoción e acción cultural no exterior.  

No ámbito da difusión da lingua tamén traballan varias institucións. O Instituto Cervantes encárgase da difusión da cultura española xunto á Sociedade Estatal de Acción Cultural (AC/E), que conta cun amplo programa de actividades e iniciativas que fomentan a mobilidade de profesionais e creadores. A  Fundación Carolina, pola súa banda, céntrase  no ámbito educativo e científico. E o ICEX  desenvolve a súa participación na acción cultural exterior a través da División de Industrias Creativas. A Dirección Xeral de Dereitos Culturais da Secretaría de Estado de Cultura tamén presta o seu apoio neste ámbito. 

No ámbito científico desenvólvense actividades de promoción do sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación a través da rede de Consellerías Culturais e Científicas das Embaixadas de España no exterior.  Ademais, mantense unha estreita colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e os organismos públicos de investigación, así como coa  Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españoles no Exterior (RAICEX).


Instrumentos para o desenvolvemento

A DRCC articula as súas políticas públicas de cooperación cultural para o desenvolvemento a través do Programa ACERCA de Capacitación para o Desenvolvemento no Sector Cultural e o Programa Patrimonio para o Desenvolvemento, alén dos programas Iberoamericanos.

Para apoiar a internacionalización das industrias culturais e dos artistas e creadores españois en tódalas disciplinas realízase un importante labor de cooperación e promoción cultural facilitando a súa presenza en eventos internacionais.  Finalmente, é de fundamental importancia o papel que xogan a Comisión Nacional UNESCO na Diplomacia Cultural e a cooperación universitaria.


Bolsas e lectorados

Toda esta actividade da diplomacia cultural e científica complétase cun extenso programa de bolsas e lectorados, tanto para cidadáns españois como cidadáns de países socios, que aposta pola capacitación a través de oportunidades formativas tanto en España como no estranxeiro.

Diplomacia deportiva

Outro eixe relativamente recente da diplomacia pública é a diplomacia deportiva, entendida como o conxunto de actividades representativas levadas a cabo por axentes deportivos en nome dos seus gobernos e en colaboración con eles. A diplomacia deportiva busca informar e involucrar a cidadanía e organismos estranxeiros co fin de moldear a súa percepción e crear unha imaxe favorable dun país que facilite a consecución dos seus obxectivos de política exterior.

No caso particular de España, é innegable que os numerosos e destacados éxitos deportivos logrados polo noso país contribuíron moi activamente á mellora da súa reputación no mundo. España conta desde hai décadas con algúns dos mellores representantes, tanto individuais como colectivos, nalgúns dos deportes máis populares a nivel mundial, como o fútbol, o baloncesto, o tenis e o ciclismo, ademais dunha importante presenza en moitos deportes olímpicos. Os atletas e deportistas españois son embaixadores que promoven a nosa imaxe-país e que proxectan un perfil internacional de país activo, saudable e comprometido cos valores de xogo limpo, concordia, esforzo e superación persoal que encarna o deporte. 

Sen prexuízo da crecente implicación de España en numerosas competicións e foros deportivos internacionais, no marco da súa acción diplomática, convén precisar o seguinte: A participación en eventos ou competicións deportivas —xa sexan oficiais ou amistosas— de deportistas, equipos ou seleccións procedentes de territorios con condición de Estado non é recoñecida por España non implica en ningún caso unha alteración, vulneración ou menoscabo da postura sostida por España en materia de recoñecemento internacional. Esta consideración mantense con independencia do lugar no que se celebre a competición, así como do carácter público ou privado da entidade que a organice.

En consecuencia, a presenza dos devanditos participantes no ámbito deportivo non debe interpretarse como un recoñecemento, nin expreso nin implícito, por parte do Estado español respecto ó estatuto internacional do territorio en cuestión.​


26/07/2024.- Miembros de la delegación española desfilan en barco por el río Sena, durante la ceremonia de inauguración de los Juegos Olímpicos de París 2024, este viernes en la capital francesa. EFE 26/07/2024.- Membros da delegación española desfilan en barco polo río Sena, durante a cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de París 2024, este venres na capital francesa. EFE

 

Diplomacia gastronómica

Por último, cabe unha mención da que se veu chamando diplomacia gastronómica. España conta cunha ampla despensa de produtos de calidade, algúns que mesmo nos identifican como país e que reflicten a nosa rica historia, a nosa diversidade xeográfica e a nosa forma de vivir. A cociña e o viño español son, por tanto, formidables activos na proxección de nosa marca-país no exterior. Ademais, as últimas décadas viron unha eclosión de talento sen precedentes que situou a algúns chefs españois entre os mellores do mundo.​


 


Documentación relacionada

​​​





Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu funcionamento, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario. Máis información na nosa política de cookies.