Menu

Cooperación para o desenvolvemento sostible

Que é a Cooperación para o Desenvolvemento Sostible?

A política de cooperación internacional para o desenvolvemento sostible de España é a principal tradución nas políticas públicas do compromiso da súa cidadanía cos países e comunidades que máis sofren a desigualdade e a pobreza nas súas múltiples dimensións. A Cooperación Española contribúe a un novo contrato social global por un desenvolvemento sostible, inclusivo e equitativo, no marco da Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS),no que ninguén debe quedar atrás.  

Fitos da Cooperación Internacional Española

A Cooperación Internacional Española foi adaptándose ó marco político e xurídico global desde a aprobación da Lei 23/1998 de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento até a recente aprobación da nova Lei. Neste período destacaron fitos como a adopción dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) no ano 2000, a Declaración de París (2005), os foros de alto nivel de Accra (2008) e Busan (2011), a articulación da Alianza Global para a Cooperación Eficaz ó Desenvolvemento e, máis recentemente, a adopción da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, xunto con outros acordos asociados como o Acordo de París sobre o Cambio Climático, a Axenda de Acción de Adis Abeba e o Marco de Sendai para a Redución do Risco de Desastres, así como a aprobación do Consenso Europeo de Desenvolvemento. ​

Proyecto de la cooperación española en el huerto periurbano de la aldea de Ganguel (Níger), durante la visita del ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, en enero de 2023. Foto: Javier Hernández (Nolsom) / MAUEC Proxecto da cooperación española no horto periurbano da aldea de Ganguel (Níxer), durante a visita do ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, en xaneiro de 2023. Imaxe: Javier Hernández (Nolsom) / MAUEC  ​​

Un novo marco para a Cooperación Española: Lei 1/2023 

Por iso, a Lei 1/2023 de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e Solidariedade Global, aprobada o 20 de febreiro de 2023, actualiza a política española de cooperación ós parámetros presentes do concerto mundial e ós compromisos da Axenda 2030, establecendo un novo marco legal para a cooperación española que a fará máis eficaz, máis áxil para responder ós novos retos globais e máis transparente. Entre outras finalidades, promove unha maior integración na política e o sistema de cooperación da Unión Europea e unha xestión máis eficaz e integral da Axuda Oficial ó Desenvolvemento, establecendo unha estrutura máis robusta e unha actuación máis coordinada, estratéxica e eficaz de tódolos actores da cooperación. 


O novo Plan Director: ferramenta de xestión para a cooperación  

A planificación estratéxica da nosa cooperación articúlase, entre outras ferramentas, a través do Plan Director que elabora o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación coa participación doutros actores do sistema español de cooperación ó desenvolvemento sostible. 

No actual  Plan Director da Cooperación Española para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global (2024-2027), aprobado o 23 de xullo, defínense os obxectivos e prioridades que orientarán a actuación da Cooperación Española nos vindeiros anos, respondendo así ó mandato fixado pola devandita Lei 1/2023. 

O Plan Director establece as liñas e directrices sobre as que debe fundamentar o seu labor o conxunto de actores do sistema español de cooperación: a Administración Xeral do Estado —a través do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), mais tamén doutros departamentos ministeriais—, as Comunidades Autónomas e Entidades Locais, as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD), os sindicatos, o ámbito empresarial ou as universidades, entre outros.

O novo plan centra a súa visión no papel da cooperación internacional para lograr unha tripla transición xusta (social, ecolóxica e económica) e cumprir coa Axenda 2030 e as súas ODS. Así mesmo, aposta por unha serie de principios transversais a tódalas accións da Cooperación Española: a loita contra a pobreza e as desigualdades, a defensa dos dereitos humanos, o enfoque feminista e a igualdade de xénero, a sostibilidade ambiental e a xustiza climática, a diversidade cultural e a construción da paz. 

Prioridades xeográficas na Cooperación Española 

No tocante ás prioridades xeográficas, o Plan Director inclúe, entre outras, África Occidental e o Sahel. A Cooperación Española tamén priorizará o traballo cos países socios do norte de África, Oriente Medio e o África subsahariana, así como cos países de América Latina e o Caribe, todos eles espazos cos que España comparte fortes vínculos e retos. Ademais, traballarase de maneira puntual noutros países para promover bens públicos globais ou para responder a crises sobrevidas, atendendo especialmente ás emerxencias e ós chamamentos humanitarios imprevistos.​

Presentación del Plan Director de la Cooperación Española por parte del ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, en octubre de 2024. Foto: Pepe Méndez (Nolsom) / MAUEC Presentación do Plan Director da Cooperación Española por parte do ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, en outubro de 2024. Imaxe: Pepe Méndez (Nolsom) / MAUEC​
 

A AECID como organismo articulador da Cooperación Española 

O máximo responsable de todo este labor de Cooperación é a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Organismo adscrito ó Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional; a AECID é o principal órgano responsable do fomento, xestión e execución das políticas públicas da cooperación española para o desenvolvemento sostible. Para iso, conta con 52 oficinas no exterior repartidas por América Latina e o Caribe, África e Asia Delas, 32 son Oficinas da Cooperación Española (OCE), 16 son Centros Culturais (CC) e 4 son Centros de Formación (CF).​

El ministro Albares presenta un envío de material humanitario a la Franja de Gaza. O ministro Albares presenta un envío de material humanitario á Franxa de Gaza. ​​​


Documentación rel​acionada




Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu funcionamento, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario. Máis información na nosa política de cookies.