Que debo facer antes de viaxar ao estranxeiro?

O mellor xeito de viaxar seguro é preparar a viaxe coa suficiente antelación. Sexa cal sexa o motivo do teu desprazamento ao estranxeiro, informarse previamente é fundamental para evitar problemas e, mesmo, situacións de emerxencia.

18/05/2018

Viaxar informado é viaxar máis seguro. Aquí ofrecémosche información útil para calquera viaxe ao estranxeiro. Ademais de consultar as Recomendacións de Viaxe específicas para o país ou países de destino, é conveniente ter en conta os seguintes consellos xerais:

 

Recomendacións xerais

Consulta as Recomendacións de Viaxe. Son a principal fonte de información sobre o país ou países que vaias visitar. En cada unha delas poderás encontrar información actualizada sobre os requisitos para a entrada no país, a documentación e os visados necesarios para viaxar, as condicións de seguridade, a situación sanitaria, vacinas, divisas e os principais teléfonos de interese. Tamén é aconsellable informarse amplamente sobre o país de destino, así como acerca dos seus costumes e lexislación local.

 

Consulta a situación sanitaria e de vacinación por países na páxina web do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

 

Recomendacións para os españois residentes nos países e
territorios afectados polo virus Zika.

 

Leva medios de pagamento abondo. Recoméndase levar sempre suficiente diñeiro para viaxar e para facer fronte a posibles imprevistos, idealmente mediante unha combinación de diferentes medios de pagamento. É conveniente comprobar que no país de destino é posible utilizar tarxetas de crédito.

 

Documentación: pasaporte, visados, carné internacional de conducir
Prepara a documentación necesaria: DNI, Pasaporte e visados.

 

O documento básico de viaxe é o pasaporte. Excepcionalmente, pódese viaxar a algúns países co Documento Nacional de Identidade.

 

Ademais de contar coa documentación de viaxe, moitos países esixen visado. Comproba se ese é o caso nas Recomendacións de Viaxe. Para obter o visado, deberás informarte no Consulado ou Sección Consular da Embaixada do país ou países de destino acreditada en España. Hai que ter en conta que a tramitación do visado pode esixir documentación complementaria e que o prazo de concesión é o determinado polo país. Por iso convén tramitar o visado coa suficiente antelación.

 

Aínda tendo toda a documentación en regra, incluído o visado, a entrada nun país estranxeiro non é un dereito, polo que pode acontecer que se che denegue a entrada a este.

 

Se vas conducir no teu desprazamento ao estranxeiro, necesitarás documentación e seguros específicos. Consulta as Recomendacións de Viaxe e o enlace á Xefatura Virtual de Tráfico que se encontra nos enlaces da dereita de esta páxina.

 

Rexistro de Viaxeiros
Facilítalle a un familiar ou amigo os datos da viaxe que vas realizar, incluíndo as datas e lugares de estancia e inscríbete no Rexistro de Viaxeiros.
 
Seguro médico e de viaxe
Moitas persoas lamentan non ter subscrito un seguro médico antes da súa viaxe cando teñen que facer fronte a unha emerxencia médica no estranxeiro. Dado que os gastos de hospitalización e tratamento médico na maior parte dos países han de ser asumidos polo paciente e poden chegar a ser moi elevados, recoméndase encarecidamente contratar un seguro médico que teña plena cobertura en caso de enfermidade ou accidente durante a viaxe, incluída a evacuación en avión medicalizado.
 

A xeito de exemplo, o traslado dun enfermo en avión medicalizado dende os Estados Unidos pode ter un custo arredor dos 50.000 euros. A viaxe de volta a España dun paciente en padiola nun voo regular acompañado por un médico pode custar arredor de 20.000 euros.

 

Se vas visitar varios países durante a túa viaxe, comproba que o seguro ten cobertura en todos eles, mesmo nas escalas e estancias breves.

 

Confirma que o seguro contratado cobre todas as actividades que vaias realizar durante a viaxe, incluídas aquelas consideradas de risco como o submarinismo, o parapente ou o kite-surf. Ademais, as actividades relacionadas co mundo do motor (rallys, raids, condución de motos de auga e neve, canopy, etc) adoitan precisar unha cobertura específica.

 

Ten en conta tamén que se vas realizar algún deporte ou actividade de elevado risco (alpinismo, espeleoloxía, espeleo-mergullo, etc), a cobertura do teu seguro debe incluír expresamente a realización desa actividade no estranxeiro e ser suficiente para facer fronte a todo o relacionado co rescate, a evacuación médica ou o traslado de restos mortais.  Cando se produce un accidente no estranxeiro, a competencia en materia de rescate e protección civil recae nas autoridades locais, cuxa lexislación, protocolos de actuación e medios poden non ser similares aos dispoñibles en España. As Embaixadas e Consulados non dispoñen de recursos para facer fronte ou garantir os custos en caso de accidente nin poden asegurarche un tratamento mellor que o dos nacionais do país no que te encontres.

 

Se vas conducir polo estranxeiro é aconsellable que consultes primeiro as Recomendacións de Viaxe para o teu país de destino e que vaias provisto dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

 

En xeral, a asistencia sanitaria no estranxeiro non está cuberta pola Seguridade Social española nin polo seguro médico privado en España nin pola póliza que se subscribe ao comprar un billete de avión con tarxeta de crédito.

 

Non obstante, recórdase que no espazo económico europeo e Suíza os españois, a través da súa tarxeta sanitaria europea, teñen acceso á sanidade pública nas mesmas condicións que os nacionais deses países. Polo tanto, se o sistema público é de copagamento ou reembolso, serás atendido deste xeito.

  • Países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

 

Para máis información, consulta a seguinte ligazón:

Seguridade Social - Tarxeta sanitaria europea (TSE)

 

 

Así mesmo, tamén é conveniente contratar un seguro de viaxe que cubra estas e outras continxencias que poden acontecer antes ou durante a viaxe:

  • Perda de voos ou conexións. Ten en conta que algunhas compañías aéreas non garanten nin cobren o custo das conexións perdidas por atrasos ou cancelacións.
  • Emerxencias familiares ou imprevistos laborais que esixan o retorno antes do previsto.
  • Roubos.
  • Danos e extravío de equipaxes ou atraso na recepción destes.
  • Responsabilidade civil.
Recorda que as Embaixadas e Consulados non pagan gastos médicos nin de viaxe.
 
Viaxar con medicamentos
 Se estás afectado cunha enfermidade crónica debes levar contigo a medicación necesaria para todo o tempo que dure a viaxe. Todos os medicamentos, especialmente os que requiren receita, deberán levarse gardados na equipaxe de man dentro dos seus envases orixinais coas etiquetas visibles, e como precaución tamén pode levarse a medicación por duplicado na equipaxe facturada. Deberás levar o nome e datos de contacto do teu médico, a información sobre a túa situación médica e tratamento, os detalles sobre a medicación (incluídos os nomes xenéricos dos medicamentos), así como as doses prescritas.
 

No caso de ter que viaxar con outro material sanitario como por exemplo xiringas, é necesario levar un informe do médico certificando a necesidade de empregar o devandito material, xa que pode ser solicitado polos oficiais de aduanas ou o persoal de seguridade.

 

Existen unhas normas específicas para viaxar con medicamentos psicotrópicos e/ou estupefacientes sometidos a fiscalización internacional. Estes medicamentos non poden circular libremente polo estranxeiro polo que é necesario contar cun certificado emitido pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios. No caso de que viaxes fóra do Espazo Schengen, necesitarás tamén un certificado emitido polo teu médico. Para continuar tratamento con este tipo de medicamentos no estranxeiro é necesario ter un médico especialista no país de destino, polo que infórmate debidamente antes de viaxar.

 

Nalgúns países considéranse drogas algunhas substancias de uso legal en España, incluídos o alcohol e determinados medicamentos e polo tanto pénase o seu consumo, tenza e tráfico. Por iso, é importante consultar as Recomendacións de Viaxe para cada un dos países a visitar.

 

Viaxes de participantes en proxectos de cooperación

Se vas viaxar a países en desenvolvemento, sexa como turista solidario ou como participante en proxectos de cooperación ou voluntariado, é moi aconsellable que:

  • Te informes pormenorizadamente acerca do país de destino lendo as Recomendacións de Viaxe.
  • Observes as medidas de autoprotección que, no seu caso, sexan recomendables para os residentes españois no país.
  • Obteñas información previa nas Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID ou nas Representacións Diplomáticas de España sobre as entidades organizadoras e os proxectos a realizar.

A miúdo, as organizacións que promoven algunhas actividades de turismo solidario e voluntariado non están rexistradas oficialmente nin proporcionan ningún tipo de seguridade nin de apoio aos que viaxan a través delas.

 

Viaxes de menores de idade

A viaxe de e con menores de idade está sometida a restricións específicas. A policía de fronteiras, tanto dentro coma fóra da zona Schengen, ten o mandato específico de prestar unha especial atención aos menores, viaxen acompañados ou non.

 

No caso dos menores que viaxen sós, os axentes de fronteiras teñen potestade para realizar unha inspección minuciosa dos documentos e xustificantes de viaxe, co fin de asegurarse de que os menores non abandonan o territorio contra a vontade das persoas que exercen a patria potestade.

 

Se os menores viaxan acompañados, o axente de fronteiras pode solicitar documentación que probe a patria potestade do/dos acompañantes ou dos que subscriben a autorización da viaxe do menor con outro adulto. Ademais, se o menor vai acompañado só por un dos seus proxenitores, pódese solicitar tamén autorización expresa do proxenitor ausente ou efectuar unha investigación máis pormenorizada se sospeita que se puido privar ilicitamente da custodia do menor a quen a exerza.

 

Recoméndase, con carácter xeral, se o menor viaxa só, acompañado por un único proxenitor ou por terceiras persoas:

  • Levar consigo a autorización expresa, no seu caso, dos pais, do proxenitor ausente ou de quen exerza legalmente a patria potestade.
  • Portar os documentos de viaxe ordinarios (pasaporte ou Documento Nacional de Identidade, no seu caso)
  • Levar consigo a documentación que probe a filiación e patria potestade segundo o caso e o país de destino.

A esixencia en canto ao tipo de autorización e as circunstancias en que é requirida é moi variable segundo o país de destino e a súa lexislación e costumes locais. En caso de dúbida, é conveniente consultar coa Embaixada ou Consulado do país de destino.

 

Más información

Guardia civil: Permiso para salida de menores al extranjero

Policía Nacional: Permiso para salida de menores al extranjero

 

 

 

Twitter@MAECgob

  • 18 abr @MAECgob * ¿Planeando viajar por #Europa esta #SemanaSanta? ⚕️ No te olvides de solicitar tu Tarjeta Sanitaria Europea ➡️… https://t.co/DWnjezkBIV
  • 18 abr @MAECgob * ¿Viajas al exterior esta #SemanaSanta? 🔎Consulta toda la ℹ️ sobre #visados, #sanidad, #divisas o #seguridad en tu… https://t.co/8Wm1zDREvS
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Invitamos a #EstadosUnidos a seguir trabajando conjuntamente con #España y con la #UniónEuropea en favor de la reforma p…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: #España rechaza la decisión de #EstadosUnidos de no renovar la suspensión del Título III de la Ley #HelmsBurton. Su apli…
  • 17 abr @MAECgob * España rechaza el anuncio por parte de #EEUU de la aplicación del Título III de la Ley Helms-Burton. La aplicación… https://t.co/iKfhorLnJX
  • 17 abr @MAECgob * 🇲🇿S.M. la Reina, acompañada del #SECIPIC @JPLaiglesia, realizará un viaje de #cooperación a #Mozambique del 28 al 3… https://t.co/mj56vjWMc1
  • 17 abr @MAECgob * RT @UEmadrid: ¿Todavía sin destino para Semana Santa? 📍 Te proponemos algunas ciudades españolas con un toque europeo ¡Apunta! 🇪🇸🇪🇺👇#descub…
  • 17 abr @MAECgob * RT @france_espagne: Informaciones prácticas de nuestra oficina de turismo @ES_FranceFR para los turistas 🇪🇸en París #SemanaSanta2019 #vacac…
  • 17 abr @MAECgob * 💼 ¿Buscas #empleo? 🌐 ¿Te interesaría trabajar en Organizaciones Internacionales? ↪️ ¡Echa un vistazo a todas las… https://t.co/n1V6nZ0tSx
  • 17 abr @MAECgob * El segundo turno del #START ya está en Mozambique para atender a los afectados por el ciclón #Idai 👩‍⚕️Logistas, p… https://t.co/qFYdZTtIuW
  • 17 abr @MAECgob * RT @AECID_es: ¿Buscas planes para estos días libres en #Bilbao? Puedes visitar la exposición Huellas del fotógrafo Miguel Lizana, en la que…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JPLaiglesia: Reunión de trabajo con el Embajador del #Paraguay, Antonio Rivas, al término de su misión en España. Intercambio de parece…
  • 17 abr @MAECgob * RT @UeEspana: 📢 ¿Sabías que también puedes ser Erasmus+ en ciclos formativos no universitarios? Mira en este vídeo la experiencia de Edgar…
  • 17 abr @MAECgob * ‼️ ¡Recuerda! 📩 Si resides en el exterior pero estarás temporalmente en #España durante el #28A, podrás votar por… https://t.co/ydRchIMLWl
  • 16 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: “Como haya un tercio de Diputados de Partidos nacionalpopulistas estaremos bloqueados. No podremos tomar ninguna decisió…

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país
  • TWITTER
  • FACEBOOK
  • YOUTUBE
  • FLICKR
  • Instagram
  • Twitter SpainMFA
  • BLOGS
  • ATLAS DE REDES SOCIALES
  • PARTICIPACIÓN CIUDADANA
  • TRANSPARENCIA
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016