O teu Consulado pode axudarte: inscríbete

Os españois residentes no estranxeiro deben inscribirse no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación na que teñen o seu domicilio.

Inscrición consular
Os españois residentes no estranxeiro deben inscribirse no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación na que teñen o seu domicilio. A inscrición permitiralles renovar a súa documentación, poder acreditar que se é residente no estranxeiro e participar nos procesos electorais que se convocan en España, agás nas eleccións municipais (ver participación electoral), así como solicitar asistencia consular ante situacións de necesidade.
 
Para inscribirse deben acudir á Oficina Consular en cuxa demarcación residen, acreditar a súa residencia, identidade e nacionalidade española coa documentación correspondente e encher un formulario, cos seus datos entregando unha fotografía e cubrir o impreso "Declaración explicativa de elección do municipio de inscrición no PERE/CERA".
 
É moi importante ter en conta que se no futuro un español residente no estranxeiro cambia de domicilio, debe comunicalo ao Consulado, para que a súa inscrición teña os datos actualizados permanentemente.
 
Aconséllase aos españois que se encontran temporalmente no estranxeiro que se inscriban no Rexistro de Matrícula Consular correspondente ao lugar onde se encontran como "non-residentes" (descargar formulario), especialmente en países con risco de catástrofes naturais ou que sofren inestabilidade política, para permitir que en caso de activarse programas de emerxencia, o Consulado poida contactar con todos os españois da demarcación consular.
 
Tamén se aconsella aos estudantes que realicen cursos no estranxeiro ou se despracen ao exterior durante unha tempada, que se inscriban como "non-residentes"- (documento adxunto), no Consulado correspondente. A devandita inscrición permitirá en caso de necesidade que as familias poidan poñerse en contacto cos seus achegados a través do Consulado. Tamén é conveniente a inscrición para facilitar a substitución da documentación se se producise o roubo ou a perda do pasaporte, pois ao estar previamente identificado e constar a documentación que tiña ao chegar, o Consulado ten todos os elementos para poder documentar a quen foi vítima do roubo do seu pasaporte (neste caso deberá sempre denunciarse o roubo ou a perda do pasaporte ante a policía local do país onde se encontre). Coa súa inscrición como non-residente, o cidadán pode votar por correo nos diferentes procesos electorais.
 
Baixa consular
Os españois residentes no estranxeiro que trasladen a súa residencia a España ou a outro lugar do estranxeiro poden solicitar a súa baixa (documento adxunto) no Rexistro de Matrícula Consular. Á súa chegada ao novo lugar de residencia deberán darse de alta no Padrón Municipal ou no Consulado correspondente ao seu novo domicilio.
 
A Baixa consular facilita aos españois que regresan a fixar a súa residencia en España certos trámites en relación coa entrada en aduanas dos seus efectos, así como doutro tipo, polo que é moi útil solicitala antes de finalizar a súa estancia no estranxeiro. Ademais, o certificado do período completo de residencia e matrícula nunha xurisdición consular serve de xustificante oficial sobre a totalidade de tempo residido no estranxeiro.
 
Finalmente, cabe observar que aqueles españois que se deran de alta como non-residentes nun Rexistro de Matrícula Consular pero non deran razón ao Consulado da continuidade da súa residencia efectiva no estranxeiro durante o ano seguinte á data da alta, causarán baixa de oficio. De aí a importancia de manter un contacto periódico coa Oficina Consular.

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país

Twitter@MAECgob

  • 18 abr @MAECgob * ¿Planeando viajar por #Europa esta #SemanaSanta? ⚕️ No te olvides de solicitar tu Tarjeta Sanitaria Europea ➡️… https://t.co/DWnjezkBIV
  • 18 abr @MAECgob * ¿Viajas al exterior esta #SemanaSanta? 🔎Consulta toda la ℹ️ sobre #visados, #sanidad, #divisas o #seguridad en tu… https://t.co/8Wm1zDREvS
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Invitamos a #EstadosUnidos a seguir trabajando conjuntamente con #España y con la #UniónEuropea en favor de la reforma p…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: #España rechaza la decisión de #EstadosUnidos de no renovar la suspensión del Título III de la Ley #HelmsBurton. Su apli…
  • 17 abr @MAECgob * España rechaza el anuncio por parte de #EEUU de la aplicación del Título III de la Ley Helms-Burton. La aplicación… https://t.co/iKfhorLnJX
  • 17 abr @MAECgob * 🇲🇿S.M. la Reina, acompañada del #SECIPIC @JPLaiglesia, realizará un viaje de #cooperación a #Mozambique del 28 al 3… https://t.co/mj56vjWMc1
  • 17 abr @MAECgob * RT @UEmadrid: ¿Todavía sin destino para Semana Santa? 📍 Te proponemos algunas ciudades españolas con un toque europeo ¡Apunta! 🇪🇸🇪🇺👇#descub…
  • 17 abr @MAECgob * RT @france_espagne: Informaciones prácticas de nuestra oficina de turismo @ES_FranceFR para los turistas 🇪🇸en París #SemanaSanta2019 #vacac…
  • 17 abr @MAECgob * 💼 ¿Buscas #empleo? 🌐 ¿Te interesaría trabajar en Organizaciones Internacionales? ↪️ ¡Echa un vistazo a todas las… https://t.co/n1V6nZ0tSx
  • 17 abr @MAECgob * El segundo turno del #START ya está en Mozambique para atender a los afectados por el ciclón #Idai 👩‍⚕️Logistas, p… https://t.co/qFYdZTtIuW
  • 17 abr @MAECgob * RT @AECID_es: ¿Buscas planes para estos días libres en #Bilbao? Puedes visitar la exposición Huellas del fotógrafo Miguel Lizana, en la que…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JPLaiglesia: Reunión de trabajo con el Embajador del #Paraguay, Antonio Rivas, al término de su misión en España. Intercambio de parece…
  • 17 abr @MAECgob * RT @UeEspana: 📢 ¿Sabías que también puedes ser Erasmus+ en ciclos formativos no universitarios? Mira en este vídeo la experiencia de Edgar…
  • 17 abr @MAECgob * ‼️ ¡Recuerda! 📩 Si resides en el exterior pero estarás temporalmente en #España durante el #28A, podrás votar por… https://t.co/ydRchIMLWl
  • 16 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: “Como haya un tercio de Diputados de Partidos nacionalpopulistas estaremos bloqueados. No podremos tomar ninguna decisió…
  • TWITTER
  • FACEBOOK
  • YOUTUBE
  • FLICKR
  • Instagram
  • Twitter SpainMFA
  • BLOGS
  • ATLAS DE REDES SOCIALES
  • PARTICIPACIÓN CIUDADANA
  • TRANSPARENCIA
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016