Rexistro Civil
No Rexistro Civil inscríbense os feitos concernentes ao estado civil das persoas e aqueles outros que determina a lei.

Institucionalmente o Rexistro Civil é único. Conforme o artigo 10 da Lei do rexistro civil, o Rexistro Civil está integrado polos Rexistros Municipais a cargo do Xuíz de 1ª Instancia, asistido do Secretario; polos Rexistros Consulares, a cargo dos Cónsules de España no estranxeiro e polo Rexistro Civil Central.
 
En cada demarcación consular existe unha oficina do Rexistro Civil. Este organismo divídese en catro seccións: nacementos e xeral, matrimonios, defuncións e tutelas e representacións legais. Está integrado polos rexistros municipais a cargo do xuíz de Primeira Instancia, asistido do secretario; os rexistros consulares, a cargo dos cónsules de España no estranxeiro, e polo Rexistro Civil Central. As oficinas de cada demarcación consular remiten un duplicado das inscricións practicadas nelas ao Rexistro Civil Central.
 
Os trámites máis frecuentes que os españois residentes no estranxeiro realizan nos Rexistros Civís Consulares son os relativos a nacementos, matrimonios, defuncións e nacionalidade:
 
Nacementos
Os nacementos de españois no estranxeiro serán inscritos no Rexistro Civil da Oficina Consular en cuxa demarcación se encontre o lugar en que acaeceron.
 
A inscrición no Rexistro Consular realízase, normalmente, mediante a transcrición da certificación que expedise o Rexistro Civil local do lugar de nacemento.
 
Non obstante, cando é competente un Rexistro Consular, se o promotor está domiciliado en España, deberá practicarse antes a inscrición no Rexistro Central e despois, por traslado, no Consular correspondente.
 
O formulario que se debe encher e presentar nas oficinas consulares para inscribir un menor acabado de nacer é a Folla declaratoria de datos, que pode descargarse dende esta ligazón.
 
Nome e apelidos
As persoas son designadas polo seu nome e apelidos, correspondentes a ambos os dous proxenitores (a orde pode inverterse).

1. A IMPOSICIÓN DO NOME AO ACABADO DE NACER
Na inscrición expresarase o nome que se dá ao nacido, aínda que non se poderán impoñer máis de dous nomes simples ou dun composto. Cando se impoñan dous nomes simples, estes uniranse por un guión.
Non pode impoñerse ao nacido o mesmo nome que ostente un dos seus irmáns, a non ser que tivesen falecido, así como tampouco a súa tradución usual a outra lingua.

Liberdade de elección de nome:
Case todos os nomes son posibles conforme a lei. Moitos apelativos familiares convertéronse en nomes propios que se inscriben como tales no Rexistro Civil. Soamente serán rexeitados aqueles nomes que infrinxen determinadas prohibicións establecidas na lexislación.

Limitacións:
Quedan prohibidos os nomes que obxectivamente prexudiquen a persoa, os que fagan confusa a identificación (por exemplo tratar de impoñer un apelido como nome) e os que induzan a erro en canto ao sexo. Considérase que prexudican obxectivamente á persoa os nomes propios que, por si ou en combinación cos apelidos, resultan deshonrosos, humillantes, denigrantes ou contrarios ao decoro, segundo a fórmula utilizada nos textos legais.

2. A ORDE DOS APELIDOS
A norma xeral é que o primeiro apelido dun español é o primeiro do pai e segundo apelido o primeiro dos persoais da nai, aínda que sexa estranxeira, pero o artigo 109 do Código Civil prevé a posibilidade de que os pais, de mutuo acordo, determinen que o primeiro apelido do nacido sexa o da nai e segundo o do pai.

A solicitude dos pais para atribuír aos seus fillos acabados de nacer o primeiro apelido materno e o segundo paterno ha de exercitarse antes da inscrición.
A orde dos apelidos establecida para a primeira inscrición de nacemento determina a orde para a inscrición dos posteriores nacementos con idéntica filiación. É dicir, se se inverte o apelido do primeiro fillo, deberase seguir esta mesma orde para todos os fillos que nazan despois. Pola súa banda, o fillo ao alcanzar a maioría de idade pode tamén solicitar que se altere a orde dos seus apelidos.

Nos supostos de nacemento cunha soa filiación recoñecida, esta determina os apelidos, podendo o proxenitor que recoñeza a súa condición de tal determinar, ao tempo da inscrición, a orde dos apelidos.

2.bis. OS APELIDOS DO ADOPTADO
Conforme o artigo 204 do Regulamento do rexistro civil, o adoptante transmite o primeiro apelido aos descendentes. O cambio de apelidos por adopción alcanza os suxeitos á patria potestade do adoptado e tamén os demais descendentes que expresamente o consintan (...).

Pola súa banda, o artigo 201 RRC establece que o adoptado por unha soa persoa terá pola súa orde os apelidos do adoptante. Exceptúase o caso en que un dos cónxuxes adopte o fillo do seu consorte, aínda que falecese, e aquel en que a única adoptante sexa muller. Neste último caso poderá inverterse a orde co consentimento da adoptante e do adoptado se é maior de idade (...) Presentarase dentro dos dous meses seguintes á inscrición de filiación, ou se é o caso, á maioría de idade.

3. CAMBIO DE NOME OU DE APELIDO.
O procedemento polo que un cidadán pode cambiar os seus apelidos, a orde destes ou o seu nome, realízase en virtude dun expediente instruído polo encargado do Rexistro Civil do domicilio do interesado (o Rexistro Civil Consular correspondente, para as persoas residentes no estranxeiro). Resolve este expediente o Ministerio de Xustiza (Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado). A inscrición do cambio de nome ou apelidos realizarase, unha vez autorizada, no Rexistro Civil onde conste a inscrición de nacemento. Pode encontrarse máis información na seguinte ligazón:
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/gl/servicios-ciudadano/tramites-gestiones-personales/cambio-nombre-apellidos

Estranxeiros que adquiren a nacionalidade española
Na inscrición de nacemento tense que consignar o nome que apareza na certificación estranxeira, agás que se probe a utilización habitual dun nome distinto. Se o nome que consta na certificación estranxeira ou o usado habitualmente está incluído nalgunha das limitacións establecidas, deberá ser substituído, conforme as normas españolas, polo que elixa o interesado ou o seu representante legal e, en último termo, por un imposto de oficio.

No caso de nomes propios que consten en sistema de escritura distinto ao noso (chinés, xaponés, árabe, etc.) consignaranse mediante a súa transcrición ou transliteración, de maneira que se consiga unha adaptación gráfica e unha equivalencia fonética. Tamén en nomes propios escritos con caracteres latinos cabería facer adaptacións ortográficas a petición do interesado para facilitar a súa escritura e fonética.
 
Emancipación e habilitación de idade
Non é habitual realizar actos de emancipación en oficinas consulares, aínda que certos trámites se poden iniciar en actas notariais que si poden outorgarse nas oficinas consulares. É recomendable consultar un avogado ou asesor xurídico especializado nestes casos.

Modificación xudicial da capacidade das persoas
Non é posible realizar actos de modificación de capacidade persoal en oficinas consulares, aínda que certos trámites poden protocolizarse ou formalizarse en actas notariais que si é posible que poidan outorgar as oficinas consulares. É recomendable consultar un avogado ou asesor xurídico especializado nestes casos.
 
Declaracións de ausencia ou falecemento
As declaracións de ausencia ou falecemento promóvense ante a autoridade competente en España. Certos actos de cooperación xudicial ou de auxilio rexistral poden realizarse ou iniciarse nas oficinas consulares.  É recomendable consultar un avogado ou asesor xurídico especializado nestes casos.
 
Nacionalidade e veciñanza
A información relativa á nacionalidade española encontraraa no apartado Nacionalidade española.
Patria potestade, tutela e demais representacións que sinala a lei
 
Matrimonio
Calquera español poderá casar dentro ou fóra de España:
- Ante o xuíz, alcalde ou funcionario sinalado polo Código Civil.
- Na forma relixiosa legalmente prevista.
 
Tamén poderá casar fóra de España conforme a forma establecida pola Lei do lugar de celebración. Os matrimonios de españois celebrados no estranxeiro inscríbense no Rexistro Consular correspondente ao lugar onde acaecen.
 
A inscrición realizarase por transcrición de matrimonio celebrado de acordo coa lei do lugar ou directamente se o celebra o propio encargado do Rexistro Civil Consular.
 
Soamente pode celebrarse un matrimonio consular cando polo menos un dos contraentes é español e se as leis e regulamentos do estado receptor non se opoñen.
 
O formulario que se debe encher e presentar nas oficinas consulares para inscribir un matrimonio é a Folla declaratoria de datos, que pode descargarse dende esta ligazón.
 
Defunción
As defuncións de españois acaecidas no estranxeiro tamén deben ser inscritas no Rexistro Civil da Oficina Consular competente polo lugar en que acaecen.
O documento que se deberá presentar ante a devandita oficina é a Folla declaratoria de datos, que se pode descargar dende esta ligazón.

 

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país

Twitter@MAECgob

  • 18 abr @MAECgob * ¿Planeando viajar por #Europa esta #SemanaSanta? ⚕️ No te olvides de solicitar tu Tarjeta Sanitaria Europea ➡️… https://t.co/DWnjezkBIV
  • 18 abr @MAECgob * ¿Viajas al exterior esta #SemanaSanta? 🔎Consulta toda la ℹ️ sobre #visados, #sanidad, #divisas o #seguridad en tu… https://t.co/8Wm1zDREvS
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Invitamos a #EstadosUnidos a seguir trabajando conjuntamente con #España y con la #UniónEuropea en favor de la reforma p…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: #España rechaza la decisión de #EstadosUnidos de no renovar la suspensión del Título III de la Ley #HelmsBurton. Su apli…
  • 17 abr @MAECgob * España rechaza el anuncio por parte de #EEUU de la aplicación del Título III de la Ley Helms-Burton. La aplicación… https://t.co/iKfhorLnJX
  • 17 abr @MAECgob * 🇲🇿S.M. la Reina, acompañada del #SECIPIC @JPLaiglesia, realizará un viaje de #cooperación a #Mozambique del 28 al 3… https://t.co/mj56vjWMc1
  • 17 abr @MAECgob * RT @UEmadrid: ¿Todavía sin destino para Semana Santa? 📍 Te proponemos algunas ciudades españolas con un toque europeo ¡Apunta! 🇪🇸🇪🇺👇#descub…
  • 17 abr @MAECgob * RT @france_espagne: Informaciones prácticas de nuestra oficina de turismo @ES_FranceFR para los turistas 🇪🇸en París #SemanaSanta2019 #vacac…
  • 17 abr @MAECgob * 💼 ¿Buscas #empleo? 🌐 ¿Te interesaría trabajar en Organizaciones Internacionales? ↪️ ¡Echa un vistazo a todas las… https://t.co/n1V6nZ0tSx
  • 17 abr @MAECgob * El segundo turno del #START ya está en Mozambique para atender a los afectados por el ciclón #Idai 👩‍⚕️Logistas, p… https://t.co/qFYdZTtIuW
  • 17 abr @MAECgob * RT @AECID_es: ¿Buscas planes para estos días libres en #Bilbao? Puedes visitar la exposición Huellas del fotógrafo Miguel Lizana, en la que…
  • 17 abr @MAECgob * RT @JPLaiglesia: Reunión de trabajo con el Embajador del #Paraguay, Antonio Rivas, al término de su misión en España. Intercambio de parece…
  • 17 abr @MAECgob * RT @UeEspana: 📢 ¿Sabías que también puedes ser Erasmus+ en ciclos formativos no universitarios? Mira en este vídeo la experiencia de Edgar…
  • 17 abr @MAECgob * ‼️ ¡Recuerda! 📩 Si resides en el exterior pero estarás temporalmente en #España durante el #28A, podrás votar por… https://t.co/ydRchIMLWl
  • 16 abr @MAECgob * RT @JosepBorrellF: “Como haya un tercio de Diputados de Partidos nacionalpopulistas estaremos bloqueados. No podremos tomar ninguna decisió…
  • TWITTER
  • FACEBOOK
  • YOUTUBE
  • FLICKR
  • Instagram
  • Twitter SpainMFA
  • BLOGS
  • ATLAS DE REDES SOCIALES
  • PARTICIPACIÓN CIUDADANA
  • TRANSPARENCIA
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016