Outros servizos consulares

As Oficinas Consulares tamén poden realizar funcións notariais, axuda na busca de paradoiros, informar sobre o traslado de cadáveres e restos mortais a España, certificado de antecedentes penais, renovación do permiso de conducir e presentación telemática do IRPF e Patrimonio.

Funcións notariais

As Oficinas Consulares de carreira e Seccións Consulares das Embaixadas de España no estranxeiro teñen encomendado o exercicio de funcións notariais, conforme ao disposto na normativa vixente (art. 5.f do Convenio de Viena sobre Relacións Consulares, do 24 de abril de 1963; arts. 11 e 734 do Código Civil; Anexo III do Regulamento de Organización e Réxime do Notariado, do 2 de xuño de 1944).

 

Nas Embaixadas con Sección Consular, as funcións notariais exérceas, con carácter xeral, o Encargado dos Asuntos Consulares e, na súa ausencia, o funcionario diplomático en quen delegue o Xefe de Misión.

 

Nos Consulados de carreira, as funcións notariais corresponden ao Xefe de Oficina, que pode delegalas no Cónsul Adxunto ou Cónsul.

 

Nunca poden ser delegadas, non obstante, no Chanceler da Embaixada ou Consulado.

 

Os Consulados Honorarios non están autorizados para realizar estas funcións.

 

O exercicio das funcións notariais leva consigo o exercicio da fe pública nas mesmas condicións en que o faría un Notario español en España. Debe recordarse que, con carácter xeral, o despregamento das funcións notariais exercidas polo Cónsul non ten efectos recoñecidos no Estado receptor. Polo tanto, estas funcións só se xustifican cando o obxecto da intervención do Cónsul se encontre en España ou incida dalgún modo en situacións xurídico-privadas que teñan que ver con España, ou cando os interesados sexan cidadáns connacionais do Cónsul (é dicir, españois).

 

En particular, a lei habilita ós Cónsules españois no estranxeiro á actuación nos seguintes supostos:

 

• Autorización de poderes notariais outorgados por cidadáns españois ou estranxeiros cando o mandato teña por obxecto a realización en España, por parte do mandatario, de calquera actuación válida en Dereito. É o Instrumento máis frecuentemente autorizado polos Cónsules.

 • Autorización de testamento aberto ou pechado, que en principio só poderán outorgar ante o Cónsul os cidadáns españois (art. 734 CC). Os cidadáns estranxeiros que queiran dispoñer testamentariamente de bens situados en España deberán acudir, preferentemente, ante un Notario local, que é quen pode realizar correctamente, no seu caso, un xuízo de capacidade conforme á lei persoal do testador.

 • Autorización de instrumentos públicos.  

• Expedición de actas (de presenza, referencia, notoriedade, depósito, etc.).

• Realización de Testemuños por Exhibición de autenticidade de copias de documentos, Testemuños de Vixencia de Leis e Testemuños de Lexitimación de sinaturas.

 

Paradoiros

Os Consulados de España poderán axudar na busca de nacionais españois no estranxeiro, partindo das referencias das que se dispoña, sempre e cando a persoa buscada se tivese inscrito no Rexistro de Matrícula Consular.

 

Do mesmo xeito, poderanse presentar nas Oficinas Consulares solicitudes de busca de nacionais que residan en España. Estas tramitaranse a través da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios.

 

En ambos os dous casos, os datos sobre o paradoiro soamente se facilitarán se a persoa buscada o autoriza.

 

Falecemento de españois no estranxeiro e traslado de cadáveres e restos mortais a España
Cando unha Embaixada ou un Consulado teñan coñecemento do falecemento dun español no estranxeiro, tratará de localizar ós seus familiares máis próximos co fin de comunicarlles a noticia, asistilos cos trámites e prestarlles a información necesaria.

 

No caso de que se teña coñecemento do falecemento dalgún familiar ou achegado de nacionalidade española no estranxeiro, deberase contactar coa Embaixada ou o Consulado correspondente ou coa Subdirección Xeral de Protección e Asistencia Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación (teléfonos: 91 379 17 00/ 91 379 16 10).

 

A partir dese momento, serán exclusivamente os familiares do falecido os que tomarán as decisións sobre as actuacións e trámites que se poden realizar.

 

A repatriación dun cadáver -decisión que corresponde á familia- é un trámite custoso e complexo pola cantidade de requisitos que require a normativa internacional en sanidade e seguridade.

 

A Embaixada ou o Consulado, a petición dos familiares da persoa falecida, poderá realizar as seguintes actuacións:

    1. Facilitar o contacto con empresas funerarias locais, que indicarán os custos e posibilidades dunha inhumación local, unha incineración local ou do traslado dos restos a España (traslado de cinzas ou traslado de féretro).
    2. Realizar todos os trámites pertinentes ante as autoridades locais e proporcionar toda a documentación necesaria para autorizar o traslado do cadáver ou das cinzas da persoa falecida.
    3. A Embaixada ou o Consulado inscribirá a defunción do falecido no Rexistro Civil consular.
    4. Naqueles casos nos que existan dúbidas ou circunstancias sospeitosas arredor do falecemento dun español no estranxeiro, as Embaixadas e os Consulados poderán informar acerca do sistema policial e xudicial local, así como prover ó interesado dun listado de avogados se se desexa recorrer a asistencia letrada, especialmente naqueles países onde as autoridades non admiten que terceiras persoas, incluíndo as propias autoridades consulares, interveñan na investigación de casos criminais., incluyendo las propias autoridades consulares, intervengan en la investigación de casos criminales.

 

Non obstante, haberá actuacións que unha Embaixada ou un Consulado non poderá realizar:

    1. As Embaixadas e os Consulados non poderán acelerar nin axilizar aqueles trámites que correspondan ás autoridades do país no que se produciu o falecemento. Iso débese a que os procedementos relacionados co tratamento e traslado de restos varían en función do país, polo que en determinados casos non será posible proceder ao embalsamamento ou  á incineración dos cadáveres.
    2. A Embaixada ou o Consulado non poderá sufragar os custos derivados do falecemento, polo que os familiares deberán facerse cargo dos custos da inhumación ou cremación. Do mesmo modo, non se pagará o traslado do cadáver a España. Por iso, sublíñase a importancia, cando se viaxa ao estranxeiro, de subscribir un seguro que cubra a inhumación ou cremación locais e, no seu caso, o traslado a España dos restos mortais, dados os elevados custos dos devanditos traslados.
    3. O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, consciente do complexo e custoso que resulta realizar este tipo de trámites, recomenda aos españois que viaxen ao estranxeiro subscribir previamente un seguro de viaxe que cubra a eventualidade do seu falecemento no estranxeiro durante a viaxe. 

       

Certificados de antecedentes penais

Este documento permite a unha persoa acreditar a carencia de antecedentes penais, ou no seu caso, a existencia destes. Os españois residentes no estranxeiro dispoñen de dúas vías distintas para obtelo:

 

- Por correo, mediante unha solicitude dirixida ao Rexistro Central de Penados e Rebeldes. Para máis información sobre este procedemento consúltese directamente ao Ministerio de Xustiza.  

 

- A través da Oficina Consular. Para iso deberá presentarse o DNI ou pasaporte, cubrir un impreso de solicitude e designar un representante que recolla o certificado en España na Oficina Central de Atención ao Cidadán  do Ministerio de Xustiza (C/ da Bolsa 8, 28012 – Madrid) ou en calquera das súas xerencias territoriais. O documento non poderá expedirse en ningún caso na oficina consular.

 

No caso de que un cidadán español fose detido no estranxeiro, o Consulado en cuxa demarcación se encontre o centro penitenciario xestionará de forma íntegra a solicitude do certificado de antecedentes penais.

 

As persoas de nacionalidade distinta á española non poderán solicitar esta certificación a través das Embaixadas e Consulados de España senón que deberán facelo ante as representacións diplomáticas do seu país acreditadas en España.

 

Renovación do permiso de conducir

Os que obtivesen o permiso de condución no noso país, residan fóra da Unión Europea e desexen renovalo, deberán presentar ante o correspondente Consulado de España a seguinte documentación: 

- Talón-foto (entrégase gratuitamente no Consulado).

- Dúas fotografías tamaño carné (32 x 26 mm).

- Informe de aptitude psicofísica, expedido por un centro autorizado, con fotografía, visado polo consulado e traducido ao español.

- Copia do pagamento de taxas que fixa a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) mediante transferencia bancaria que publica a DGT nesta ligazón.  

Os maiores de 70 anos estarán exentos do pagamento de taxas.

 

Presentación telemática IRPF e Patrimonio

Na actualidade, é posible realizar dende o estranxeiro as declaracións do IRPF, Imposto sobre o Patrimonio e outras esixidas pola normativa tributaria, a través de Internet.
 
Para iso, é requisito indispensable posuír un certificado electrónico para trámites ante as administracións públicas. Se Vde. non dispón del, pode solicitalo a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM). Para acreditar a súa identidade debe acudir á súa Oficina Consular  (INSTRUCIÓNS PARA SUBSCRITOR-SOLICITANTE DE CERTIFICADO ELECTRÓNICO.pdf).

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación recomenda aos interesados solicitar a información necesaria para a presentación telemática de declaracións directamente da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que é a entidade responsable.

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país

Twitter@MAECgob

  • 27 xuñ @MAECgob * ¿Sabes todo lo que pueden hacer nuestros #Consulados por ti? ✅ Expedición de #pasaportes 📃 Gestiones del Registro… https://t.co/ZfWgxBhKAM
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @SEAEXValenzuela: Hoy he inaugurado el evento "Sahel, la otra frontera" organizado por @Casaafrica en la sede de @Casaarabe. Ponencias m…
  • 27 xuñ @MAECgob * Durante su estancia, @JosepBorrellF y la Ministra de @Defensagob Margarita Robles inauguraron además una sala dedic… https://t.co/FUqv436UGS
  • 27 xuñ @MAECgob * @JosepBorrellF se ha reunido en #Bruselas con el SG de @NATO, @jensstoltenberg. Ambos abordaron asuntos en materia… https://t.co/hrqTzyG6Gt
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @Red_Carolina: Comienza un nuevo #DiálogosAméricaLatina con la intervención de @JPLaiglesia, que subraya que #AméricaLatina, que no es a…
  • 27 xuñ @MAECgob * 💬 El #SECIPIC @JPLaiglesia modera en @casamerica el debate “#AméricaLatina en un orden mundial en crisis”, con… https://t.co/Q88Hnih53c
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @ComisionEuropea: ‼️Anunciamos las primeras 17 alianzas de "Universidades Europeas" Un total de 114 #universidades de las cuales 11 son…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @HablamosdEuropa: El #SEUE @marcoaguiriano🇪🇸 se ha reunido hoy con @USAmbEU Gordon Sondland🇺🇸 Embajador de #EEUU ante la #UnionEuropea🇪🇺…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Hemos abordado también las perspectivas del Tratado de fuerzas nucleares de alcance intermedio #INF. #España apuesta por…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Reunido en @NATO junto a la Ministra de Defensa con @jensstoltenberg. Hemos hablado de las perspectivas de la Alianza en…
  • 26 xuñ @MAECgob * ¿Por qué trabajar en Organizaciones Internacionales? 📁 Ganas #experiencia internacional 💬 Aprendes #idiomas 🌐 Cont… https://t.co/uGNerxuSvw
  • 26 xuñ @MAECgob * 🚰 El Fondo de #Cooperación para #Agua y #Saneamiento​ de la @AECID_es aprueba 10 intervenciones en #Guatemala🇬🇹 por… https://t.co/mFFydjuTxL
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: #AECID e @InstCervantes suman fuerzas para fomentar la enseñanza del español en #África Subsahariana. El acuerdo firmado hoy…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: Hoy el Director del @InstCervantes, Luis García Montero, ha visitado la Biblioteca de #AECID. Fomentamos alianzas con otros a…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @SpainNATO: El Ministro @JosepBorrellF y la Ministra Robles, hoy en la @NATO , saludan al Secretario General @jensstoltenberg . Los Mini…
  • Cuenta de Twitter del Ministerio en Inglés
  • Blog del Ministerio
  • ATLAS
  • Página de Participación Ciudadana
  • Página Portal de Transparencia
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016