consejos de residentes
Consello de Residentes no estranxeiro
Os Consellos de Residentes Españois (en diante, CRE) son órganos consultivos das oficinas consulares, entendendo por tales tanto os Consulados Xerais propiamente ditos coma as seccións consulares das Embaixadas nas cuestións de interese para a comunidade española de residentes na súa demarcación. Desenvolven as súas actividades en materia de dereitos civís e laborais, acción educativa, social e cultural a favor dos españois que integran a devandita comunidade e a súa participación política en España.
27/09/2016

• Eleccións para a creación ou renovación de Consellos de Residentes Españois 2016:
De acordo coa normativa aplicable, celebráronse eleccións para a creación ou renovación de Consellos de Residentes Españois en distintas circunscricións consulares durante os meses de setembro de 2016 e marzo de 2017 en primeira e segunda convocatoria.
 
Froito destas eleccións, constituíronse Consellos de Residentes Españois nas seguintes circunscricións: Amsterdam, Asunción, Baía Branca, Bruxelas, Bos Aires, Camberra, Caracas, Córdoba, Dublín, Edimburgo, Estocolmo, Xénova, Xenebra, Guadalaxara, Guatemala, A Habana, La Paz, Lima, Managua, Melbourne, Mendoza, México, Monterrey, Montevideo, Montpellier, Montreal, Nova York, Quito, Río de Xaneiro, Roma, Rosario, Salvador de Bahía, San Xosé de Costa Rica, Santa Cruz da Serra, Santo Domingo, Santiago Chile, Sao Paulo, Washington e Zürich.

REAL DECRETO 1960.2009, do 18 de decembro, polo que se regulan os Consellos de Residentes Españois no Estranxeiro.pdf  
 

Regulación dos CRE
Os CRE foron creados polo Real Decreto 1339/1987, do 30 de outubro (BOE núm. 262, do 2 de novembro de 1987), sobre canles de participación institucional dos españois residentes no estranxeiro, que foi desenvolvido pola orde do Ministerio de Asuntos Exteriores do 23 de febreiro de 1988 (BOE núm. 53, do 2 de marzo de 1988), pola que se regula a constitución, funcións, elección e funcionamento dos consellos de residentes españois no estranxeiro. Ata a promulgación da lei 4/2006, do 14 de decembro, do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior (BOE núm. 299, do 15 de decembro de 2006), non tiveron recoñecemento legal. Hoxe están regulados nos artigos 9, 12 e 13 da devandita lei e no real decreto 1960/2009, do 18 de decembro (BOE núm. 2, do 2 de xaneiro de 2010).
 
Funcións, composición e reunións
Os CRE teñen as funcións de asesorar o xefe da Oficina Consular, canalizando cara a esta o sentir e preocupación da comunidade española, propoñendo medidas que poidan contribuír a mellorar a atención a ela e constituíndo unha canle aberta para que os españois no exterior poidan coñecer as medidas das administracións públicas españolas que lles afecten ou expoñer os seus problemas.
 
Pode haber un CRE nas demarcacións consulares onde haxa máis de 1200 electores inscritos no censo electoral de residentes ausentes (en diante, CERA).
 
Están compostos por sete, once ou quince membros, segundo a comunidade española na demarcación consular sexa inferior a corenta mil persoas, estea entre corenta mil un e oitenta mil, ou supere esta cifra.
 
Son electores os españois residentes na demarcación consular e que figuren inscritos no CERA.
 
Son elixibles os españois que figuren inscritos no CERA antes do termo do prazo de presentación de candidaturas. Unha vez convocadas as eleccións polo xefe da Oficina Consular, ábrese un prazo de dous meses para a presentación de candidaturas, que deberán ir avaladas pola sinatura de certo número de electores.
 
A comisión electoral nomeada para as eleccións garante a imparcialidade e obxectividade do proceso electoral. Presídea o xefe da Oficina Consular e forman parte dela os representantes das listas de candidatos e membros elixidos polas asociacións ou centros españois da circunscrición. Entre outras funcións, a comisión electoral comproba a admisibilidade ou non admisibilidade das listas presentadas, decide a constitución das mesas, sinala a data da votación e resolve todas as dúbidas que xurdan no desenvolvemento do proceso electoral. Se non se presenta ningunha lista, o xefe da Oficina Consular anula a convocatoria e pode realizar unha nova convocatoria ao cabo de seis meses.
 
O voto é directo, persoal e secreto, e pode exercitarse persoalmente ou por correspondencia. Para o voto por correo é preciso dirixirse á Oficina Consular con antelación dabondo. O Consulado Xeral comproba a condición de elector do solicitante e a súa identidade, remitíndolle ao seu domicilio a documentación electoral necesaria. O voto persoal lévase a cabo nunha mesa composta por un presidente e dúas vogais, designados por sorteo entre os electores. Os representantes das candidaturas poden nomear dous interventores de mesa con voz pero sen voto. A votación debe celebrarse entre os trinta e corenta días hábiles a contar dende a terminación do prazo de presentación de listas, desenvólvese nunha única xornada.
 
Serán membros do CRE as persoas que resulten elixidas segundo un sistema de representación proporcional con aplicación dun cociente electoral. No suposto de presentarse unha única candidatura, só será proclamada se na votación, que deberá celebrarse en todo caso, obtén o respaldo de polo menos un dez por cento da cifra total de electores.
 
O mandato ten unha duración de catro anos, a contar dende a data da constitución do CRE e os seus membros poden ser reelixidos.
 
O CRE quedará validamente constituído o día da súa primeira reunión, que se celebrará dentro dos trinta días seguintes á elección e será convocada polo xefe da oficina consular. Nesta reunión, o CRE elixe de entre os seus membros, por maioría absoluta, ó seu presidente, e este designa ó secretario. Despois, o CRE reunirase, polo menos, unha vez cada catro meses e sempre que sexa convocado polo presidente, por iniciativa súa ou a petición de tres membros ou do xefe da oficina consular. A normativa vixente non contempla a posibilidade de que os CRE teñan unha oficina permanente. Aínda que os cargos do CRE non son remunerados, o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, dentro dos seus créditos, aproba anualmente un presuposto de gastos de funcionamento para que os CRE realicen as súas actividades, incluíndo partidas como o aluguer dunha sala para celebrar as súas reunións cando non poida obterse gratuitamente, gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, comunicacións e material non inventariable; así mesmo, pode facilitarse un equipo informático se o CRE o solicita.
  
O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior
O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, previsto no artigo 10 da Lei 40/2006, do 14 de decembro, do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, é un órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da
 
Dirección Xeral de Migracións
Ten por finalidade garantir a efectividade do dereito dos españois residentes no exterior a participar nos asuntos que lles concirnen e promover a colaboración das Administracións Públicas en materia de atención á cidadanía española no exterior e persoas retornadas.
Segundo prescribe o artigo 11.1 do Real Decreto 230/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, os seus conselleiros son elixidos polos CRE, ata un máximo de corenta e tres, coa distribución que determine o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, de forma proporcional ao número de españois inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes de cada país, segundo os últimos datos publicados en Internet pola Oficina do Censo Electoral.

 

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país
  • Inscríbete en convocatorias UE
  • Convocatorias en la UE

Twitter@MAECgob

  • 12 ago @MAECgob * RT @InstCervantes: Hoy el #CervantesBeirut 🇱🇧 ha reanudado la actividad administrativa y académica, con cuatro aulas, de las once que tiene…
  • 12 ago @MAECgob * RT @CasaReal: El Rey conversó hoy telefónicamente con el Presidente del Líbano, Michel Aoun. @MAECgob @EmbEspanaLibano @LBpresidency @Mofal…
  • 12 ago @MAECgob * 🌐 ¿Te interesaría trabajar en un #OrganismoInternacional? 🆕 En el enlace puedes consultar el boletín semanal c… https://t.co/XXvHqvk5aK
  • 12 ago @MAECgob * ✈️🚫Restricciones a los viajes de ciudadanos provenientes de #España ⤵️ ℹ️ Consulta en nuestra web la lista actuali… https://t.co/t57pHkMf6f
  • 11 ago @MAECgob * RT @EmbEspanaLibano: La ayuda de emergencia de #España acaba de llegar en un avión de sostenimiento A400 del @EjercitoAire. El envío incluy…
  • 11 ago @MAECgob * ✈️🚫Restricciones a los viajes de ciudadanos provenientes de #España ⤵️ ℹ️ Consulta en nuestra web la lista actuali… https://t.co/1uhWRMNXg3
  • 11 ago @MAECgob * 📰 El Secretario de Estado de la @EspanaGlobal, @manuelmunizv, ha sido entrevistado por @Luis_Angel_Sanz en… https://t.co/NQvfBZLwvV
  • 11 ago @MAECgob * #España, comprometida con #Líbano tras la explosión en #Beirut. Hoy ha salido el primer envío de ayuda de emergenci… https://t.co/YzSgrp6Ntu
  • 10 ago @MAECgob * ✈️🚫Restricciones a los viajes de ciudadanos provenientes de #España ⤵️ ℹ️ Consulta en nuestra web la lista actuali… https://t.co/ecxbOFMmxR
  • 10 ago @MAECgob * #España está firmemente comprometida con la lucha contra la #desinformación. Para combatir este flagelo para la d… https://t.co/mXoqWD1LhV
  • 09 ago @MAECgob * RT @sanchezcastejon: La comunidad internacional debe trabajar, una vez más, unida y coordinada para dar una respuesta eficaz en apoyo a Bei…
  • 09 ago @MAECgob * RT @desdelamoncloa: El presidente del Gobierno, @sanchezcastejon, participa en la Conferencia internacional telemática de apoyo a Beirut y…
  • 08 ago @MAECgob * El Gobierno de #España lamenta profundamente el fallecimiento del Obispo Casaldáliga, ocurrido hoy en #Brasil, dond… https://t.co/dOp0bPMokN
  • 08 ago @MAECgob * ✈️ Si vuelas a #España desde el extranjero, recuerda: 📲 Deberás cumplimentar el Formulario de Control Sanitario y… https://t.co/PhGiZWYLy2
  • 08 ago @MAECgob * RT @sanchezcastejon: Mañana participaré en la Conferencia Internacional de apoyo al Líbano, convocada por @EmmanuelMacron y el secretario g…
  • Atlas Redes Sociales
  • Embajadas y Consulados
  • Sede Electrónica
  • Página de Participación Ciudadana
  • Página Portal de Transparencia
  • Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tel: +34 91 379 97 00
  • Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tel: +34 91 379 97 00
  • Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tel: +34 91 379 97 00
  • Sede Pechuán
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tel: +34 91 379 17 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tel: +34 91 583 81 00 / 01
    Fax: +34 91 583 83 10 / 11
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación, Diplomacia Pública y Redes
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016