Asistencia consular
É importante coñecer os labores de asistencia consular que se poden e non se poden proporcionar en canto á atención a detidos, así como a asistencia en situación de necesidade

Asistencia a Detidos

O obxectivo deste apartado é informar os familiares e amigos dos españois detidos ou sentenciados a prisión en países estranxeiros sobre os servizos que pode proporcionarlles o Goberno español, a través do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e das súas embaixadas e consulados, así como indicar aquelas actuacións que non están permitidas pola lexislación española e que, polo tanto, non poden realizarse.

 

Protección e asistencia

Os problemas de toda índole que poden xurdir dunha detención ou encarceramento nun país estranxeiro (que pode presentar deficiencias nos servizos telefónicos e postais, cunha cultura e uns modos de vida distintos e, na maioría dos casos, cun idioma diferente) poden ser enormes. Nestes casos, o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación pode proporcionar asistencia e axuda.

 

Convén salientar neste punto que as persoas que viaxan ao estranxeiro están sometidas á lei do país en que se encontran, de tal forma que se un español conculca as normas doutro país se verá suxeito a un procedemento xudicial segundo as leis do devandito país, sen que sexa posible eximilo do seu sometemento aos xuíces locais nin, se é o caso, á sentenza condenatoria ditada contra el. Nin a ignorancia da lei local nin o feito de ser estranxeiro o eximen do cumprimento e observancia das normas do país en que se encontra e, por iso, ninguén, nin tampouco o consulado ou a embaixada, pode evitar ao infractor a aplicación da lei penal estranxeira.

 

Tan pronto como teña vostede noticia de que un membro da súa familia ou un amigo foi detido nun país estranxeiro, debe poñerse vostede en contacto con:

 

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES, UNIÓN EUROPEA Y COOPERACIÓN
Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares y Migratorios
C/ Pechuán, n.º 1  28002 MADRID
Teléfono: 91 379 16 55

 

É recomendable que, antes de emprender algunha acción, como envío de diñeiro, medicinas ou mesmo viaxar ao país, consulte coa Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios ou co consulado correspondente sobre a conveniencia de emprender estas accións e sobre o mellor método que cómpre seguir.

 

O criterio que guía a actuación do Estado nesta materia é tratar de asegurar aos seus nacionais un trato adecuado por parte das autoridades penais, así como o respecto á intimidade da persoa detida. Polo que se refire a este último aspecto, é de aplicación o disposto pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Protección de datos de carácter persoal e o Regulamento xeral de protección de datos (RGPD) que entrou en vigor o pasado 25 de maio 2018.

 

Contratación dun avogado estranxeiro

A representación legal dun cidadán español no exterior e a elección de letrado son tarefas dunha importancia fundamental e deben realizarse con sumo coidado. É relativamente frecuente que avogados estranxeiros soliciten o pagamento de elevadas sumas por adiantado a cambio de vagas promesas que son logo incumpridas.

 

As Oficinas Consulares españolas están en condicións de proporcionar unha lista de avogados especializados en certos tipos de casos, pero debe entenderse que non poden recomendar ningún avogado en particular. A decisión de contratar un profesional do dereito é responsabilidade persoal do detido ou dos seus representantes legais. As representacións españolas no exterior non poderán, en ningún caso, ser partes na devandita relación profesional.

 

Non convén esquecer que, en practicamente todos os países do mundo, existe o que en España se chama quenda de oficio, é dicir, a asistencia legal gratuíta a quen demostra carecer de medios para procurarse asistencia legal privada.

 

Atención aos detidos

 

As Oficinas Consulares españolas, sempre de acordo coas leis e regulamentos do país onde un cidadán español estea preso ou detido, poderán:

  • Notificar aos seus familiares e amigos o feito da detención e, se é o caso, a pena de privación de liberdade, sempre que o preso o autorice.
  • Visitalo periodicamente. A frecuencia das visitas dependerá da normativa local, das especiais circunstancias nas que se encontre o preso, do lugar onde se encontre a prisión, do número de españois no establecemento penal, do número de españois detidos en centros penais situados na demarcación consular e das dispoñibilidades de persoal da Oficina Consular competente.
  • Entregarlle e recibir mensaxes e correspondencia.
  • Solicitar ás autoridades locais, tras unha petición por escrito, información relativa ao seu caso.
  • Nos centros penais que non cubran as necesidades básicas dos detidos (alimentos, medicinas, roupa, etc.), as oficinas consulares intentarán, na medida do posible, axudalos a conseguilos.
  • Solicitar información sobre obxectos persoais desaparecidos ou ocupados
  • Proporcionarlle material de lectura
  • Asistilo se desexa solicitar o seu traslado a España no marco dos Convenios sobre Traslado de Persoas Condenadas a penas privativas de liberdade, naqueles países cos que España asinara un convenio deste tipo ou que sexan partes, como España, do Convenio de Estrasburgo.

 

En cambio, non poderán:

  • Pagar con cargo a fondos públicos as multas impostas a nacionais españois polas autoridades doutro país nin as indemnizacións ou reparacións civís impostas por autoridades estranxeiras, sexan ou non xudiciais.
  • Proporcionar ditames xurídicos ou interpretacións das leis e regulamentos locais.
  • Asistir ás sesións dos xuízos, agás en casos excepcionais, nos que hai fundadas sospeitas de que van ser gravemente conculcados os dereitos fundamentais do cidadán español.
  • Recomendar a un letrado específico —aínda que si proporcionar unha lista de avogados— se o nacional detido rexeita a asistencia legal gratuíta que xeralmente proporcionan todos os países.
  • Involucrarse en materias substantivas entre o preso e o seu avogado.
  • Introducir na prisión —ou enviar dende esta— algo que non estea autorizado pola regulamentación penal correspondente.
  • Ocuparse de xestionar o aloxamento dos familiares ou amigos dos detidos que desexen visitalos.
  • Exercer a protección consular sobre os detidos españois que posúan así mesmo a nacionalidade do país no que se encontren recluídos, se o devandito país non recoñece a dobre nacionalidade ou se as leis e regulamentos internos deste poñen límites á protección consular.
  • Levar a cabo ningunha xestión que poida considerarse atentatoria ao principio de independencia do Poder Xudicial.

 

Contactos coas autoridades locais

As Oficinas Consulares de España no estranxeiro pedirán ás autoridades locais comunicación inmediata cun detido español e acceso a este dende o momento en que se coñeza a súa detención e ata a súa posta en liberdade.

 

Así mesmo, procurarán asegurarse de que o trato recibido polo español sexa polo menos igual ao recibido polos nacionais do país en cuestión. Colaborarán en solicitar de todas as autoridades locais os permisos para que os detidos poidan comunicarse cos seus familiares e amigos, así como coa Oficina Consular correspondente.

 

Obterán información sobre o status do preso e intentarán lograr que as autoridades locais non prolonguen a súa situación sen razón evidente.

 

Efectuarán o necesario seguimento do estado de saúde dos detidos e velarán por que as autoridades do establecemento penal proporcionen aos presos españois alimentación adecuada e servizos médicos.

 

Por último, naqueles países cos que exista Convenio de Traslado de Persoas Condenadas ou que sexan parte do Convenio de Estrasburgo, encargaranse de que o procedemento de traslado sexa o máis rápido posible. O traslado só se pode producir de concorreren as tres vontades (preso, Estado de condena e Estado de cumprimento).

 

Visitas

Cando un amigo ou un familiar decida visitar un español que se encontre nun establecemento penal estranxeiro, debe terse en conta que nalgúns países o viaxeiro pode caer nas mans de persoas desaprehensivas que intentarán aproveitarse da situación ofrecendo falsas esperanzas a cambio de grandes sumas de diñeiro. Tamén debe terse en conta que en moitos países as condicións no interior das prisións son moi inferiores ás habituais en España.

 

Se vostede desexa seguir adiante cos seus plans de visita, é aconsellable que informe á Oficina Consular correspondente ou, se é o caso, á Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios. É recomendable que toda información que se desexe a solicite coa antelación necesaria, especialmente no que se refire a días e horarios de visita en establecementos penais concretos, así como a requisitos de entrada e permanencia nos diferentes países.

 

Asistencia en situación de necesidade

Os españois residentes no estranxeiro que se encontren en situacións de necesidade poden acudir ao Consulado e á Consellaría Emprego e Seguridade Social, onde os informarán dos programas de axudas existentes e como tramitar, se é o caso, as solicitudes.

 

Os españois que, de se encontraren temporalmente no estranxeiro, deban facer fronte a unha situación de necesidade sobrevida como consecuencia dun accidente, de ter sido vítimas de roubo, de padecer unha enfermidade repentina grave, ou de calquera outra situación imprevista, e non poidan saír da devandita situación polos seus propios medios, poden acudir ao Consulado Xeral de España. O Consulado axudaralles a entrar en contacto coa súa familia ou achegados en España que lles poidan axudar a superar o seu problema.

 

Así mesmo, as nosas Oficinas Consulares no Exterior ofrecen asistencia consular ás mulleres españolas que sofren violencia de xénero no estranxeiro.


Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país

Twitter@MAECgob

  • 15 out @MAECgob * #NdeP: ​El Gobierno de #España felicita al nuevo Presidente de #Túnez, Kais Saied, elegido el 13/10 en segunda vuel… https://t.co/yEgbAtYCW4
  • 15 out @MAECgob * #NdeP: En el marco de los contactos regulares entre #España y un socio estratégico como Argelia, el… https://t.co/PnprapiS4u
  • 15 out @MAECgob * #Comunicado: ​#España condena la operación militar que #Turquía desarrolla en #Siria, y pide al gobierno turco que… https://t.co/OmEhDcsxvp
  • 15 out @MAECgob * (3/3) José Pascual Marco, Director General de Integración y Coordinación de Asuntos Generales de la #UniónEuropea,… https://t.co/DgRnz5enWG
  • 15 out @MAECgob * (2/3) Juan Duarte, Dir.Gral. de #Españoles en el Exterior y de Asuntos #Consulares, detalla los recursos de que dis… https://t.co/7qTy8Lo5Zw
  • 15 out @MAECgob * (1/3) Ángeles Moreno Bau, Subsecretaria del @MAECgob, repasa las cuestiones jurídicas y legales que los ciudadanos… https://t.co/DgtMdKRNnm
  • 15 out @MAECgob * 🔴#Brexit: El @MAECgob ha desarrollado planes e instrumentos de cara a la salida del #ReinoUnido de la #UE. 📍¿El ob… https://t.co/cOAabhG0he
  • 15 out @MAECgob * RT @csmediterraneo: 🔹 El viernes a las 19:30h. celebramos, junto a @MAECgob y en colaboración con @EFEnoticias una mesa redonda en el marco…
  • 15 out @MAECgob * RT @SefaradIsrael: Homofobia, antisemitismo, islamofobia, intolerancia...de todo ello hablaremos en Congreso #BeTheKey para el que contarem…
  • 15 out @MAECgob * RT @Casaafrica: Ayer entregamos el #IPremioSaliouTraoré a @naranjo_p, un periodista que se recorre el continente africano y escucha a sus g…
  • 15 out @MAECgob * RT @AECID_es: Día Internacional de las #MujeresRurales Para la @CooperacionESP es primordial apoyar a productores rurales a que aumenten d…
  • 15 out @MAECgob * RT @marcoaguiriano: “Temas fundamentales para el futuro de la Unión Europea 🇪🇺 se tratan hoy en el Consejo de Asuntos Generales: #Brexit, M…
  • 15 out @MAECgob * 🎨 Se inaugura hoy la exposición Universo #Miró, con obras de uno de nuestros artistas más universales. ➡️ Organiz… https://t.co/42KaM1jSQM
  • 15 out @MAECgob * 📅 #Agenda: las actividades que esta semana desarrollará el ministro @josepborrellf se pueden consultar en el enlac… https://t.co/GfaT7c9Gek
  • 15 out @MAECgob * 📌@csmediterraneo y @MAECgob, en colaboración con @efenoticias, organizan la presentación de "Morir en el exilio, mo… https://t.co/wtcMbwx4rS
  • Cuenta de Twitter del Ministerio en Inglés
  • Blog del Ministerio
  • ATLAS
  • Página de Participación Ciudadana
  • Página Portal de Transparencia
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016