Visados uniformes Schengen

Os procedementos e condicións para a expedición destes visados recóllense no Regulamento (CE) núm. 810/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, polo que se establece un código comunitario sobre visados (Código de Visados)

A solicitude de visado de curta duración debe presentarse mediante un impreso de solicitude oficial, debidamente cuberto (orixinal e copia), que pode descargarse desta páxina web ou obterse nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España no estranxeiro.
 
O visado debe solicitarse persoalmente na Misión Diplomática ou Oficina Consular española en cuxa demarcación resida legalmente o solicitante. Se non existe Misión Diplomática ou Oficina Consular española nun país determinado, solicitarase na Misión Diplomática ou Oficina Consular que represente a España no devandito país. 
 
No momento de presentar a solicitude de visado debe aboarse a taxa establecida, que non será devolta en caso de denegación. Os requisitos necesarios, así como os casos de redución ou exención da taxa, deberán consultarse na Misión Diplomática ou Oficina Consular onde se solicite o visado, xa que poden variar segundo o motivo da viaxe e o país de orixe do solicitante.
 
O prazo máximo para resolver os expedientes de solicitude de visado de curta duración é de 15 días naturais a partir da data de presentación da solicitude. Este prazo poderá ampliarse a un máximo de 30 días naturais en determinadas circunstancias. Excepcionalmente, naqueles supostos específicos en que se precise documentación adicional, este prazo poderá ampliarse a un máximo de 60 días naturais.
 
O visado expedido deberá recollerse persoalmente na Misión Diplomática ou Oficina Consular competente, no prazo dun mes dende a notificación da concesión.
 
Se o visado é denegado, notificarase ao solicitante mediante un impreso normalizado no que se indique a causa da denegación. Nese suposto, poderase presentar un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid no prazo de dous meses dende a data de notificación. De maneira potestativa, pode presentarse un recurso de reposición ante a mesma Misión Diplomática ou Oficina Consular no prazo dun mes dende a data de notificación da denegación.

 


Visados para familiares de cidadáns da Unión Europea, os Estados parte no Acordo do Espazo Económico Europeo e Suíza

O procedemento e condicións para a expedición de visados de entrada en réxime comunitario recóllense na Directiva 2004/38/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004, e no Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da UE e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.


Son beneficiarios do réxime comunitario aqueles nacionais de terceiros Estados que sexan familiares de cidadáns comunitarios, sempre que aparezan recollidos nos artigos 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007 e que acompañen ao cidadán comunitario ou se reúnan con el.

A tramitación destes visados terá carácter preferente. Os visados expediranse gratuitamente.

Naquelas demarcacións consulares en que exista un provedor de servizos externo, o interesado poderá optar por presentar a súa solicitude directamente na Misión Diplomática ou Oficina Consular de España, ou ben nas oficinas do devandito provedor, en cuxo caso deberá aboar a taxa por prestación do servizo.


 

Twitter@MAECgob

  • 27 xuñ @MAECgob * ¿Sabes todo lo que pueden hacer nuestros #Consulados por ti? ✅ Expedición de #pasaportes 📃 Gestiones del Registro… https://t.co/ZfWgxBhKAM
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @SEAEXValenzuela: Hoy he inaugurado el evento "Sahel, la otra frontera" organizado por @Casaafrica en la sede de @Casaarabe. Ponencias m…
  • 27 xuñ @MAECgob * Durante su estancia, @JosepBorrellF y la Ministra de @Defensagob Margarita Robles inauguraron además una sala dedic… https://t.co/FUqv436UGS
  • 27 xuñ @MAECgob * @JosepBorrellF se ha reunido en #Bruselas con el SG de @NATO, @jensstoltenberg. Ambos abordaron asuntos en materia… https://t.co/hrqTzyG6Gt
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @Red_Carolina: Comienza un nuevo #DiálogosAméricaLatina con la intervención de @JPLaiglesia, que subraya que #AméricaLatina, que no es a…
  • 27 xuñ @MAECgob * 💬 El #SECIPIC @JPLaiglesia modera en @casamerica el debate “#AméricaLatina en un orden mundial en crisis”, con… https://t.co/Q88Hnih53c
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @ComisionEuropea: ‼️Anunciamos las primeras 17 alianzas de "Universidades Europeas" Un total de 114 #universidades de las cuales 11 son…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @HablamosdEuropa: El #SEUE @marcoaguiriano🇪🇸 se ha reunido hoy con @USAmbEU Gordon Sondland🇺🇸 Embajador de #EEUU ante la #UnionEuropea🇪🇺…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Hemos abordado también las perspectivas del Tratado de fuerzas nucleares de alcance intermedio #INF. #España apuesta por…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Reunido en @NATO junto a la Ministra de Defensa con @jensstoltenberg. Hemos hablado de las perspectivas de la Alianza en…
  • 26 xuñ @MAECgob * ¿Por qué trabajar en Organizaciones Internacionales? 📁 Ganas #experiencia internacional 💬 Aprendes #idiomas 🌐 Cont… https://t.co/uGNerxuSvw
  • 26 xuñ @MAECgob * 🚰 El Fondo de #Cooperación para #Agua y #Saneamiento​ de la @AECID_es aprueba 10 intervenciones en #Guatemala🇬🇹 por… https://t.co/mFFydjuTxL
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: #AECID e @InstCervantes suman fuerzas para fomentar la enseñanza del español en #África Subsahariana. El acuerdo firmado hoy…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: Hoy el Director del @InstCervantes, Luis García Montero, ha visitado la Biblioteca de #AECID. Fomentamos alianzas con otros a…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @SpainNATO: El Ministro @JosepBorrellF y la Ministra Robles, hoy en la @NATO , saludan al Secretario General @jensstoltenberg . Los Mini…

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país
  • Cuenta de Twitter del Ministerio en Inglés
  • Blog del Ministerio
  • ATLAS
  • Página de Participación Ciudadana
  • Página Portal de Transparencia
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016