Nacionalidade española
Recóllense neste apartado os distintos modos para adquirir a nacionalidade española, así como información importante sobre a perda e conservación desta.
11/05/2018

Como se adquire a nacionalidade española?

 

Modos de adquisición

Os diferentes modos de adquisición da nacionalidade son:

 

Nacionalidade para españois de orixe

Son españois de orixe:  

  • Os nacidos de pai ou nai española.
  • Os nacidos en España cando sexan fillos de pais estranxeiros se, polo menos un dos pais, naceu en España (exceptúanse os fillos de diplomáticos).
  • Os nacidos en España de pais estranxeiros, se ambos os dous carecen de nacionalidade (apátridas), ou se a lexislación de ningún deles atribúe ao fillo unha nacionalidade. Neste caso pode realizarse un expediente no Rexistro Civil do seu domicilio para declarar a nacionalidade española con valor de simple presunción.
  • Os nenos nacidos en España de cuxos pais se descoñece a identidade. Presúmense nacidos en España os menores cuxo primeiro lugar de estancia coñecido sexa territorio español.
  • Son tamén españois de orixe os menores de 18 anos que sexan adoptados por un español. Se o adoptado é maior de 18 anos, poderá optar pola nacionalidade española de orixe no prazo de dous anos a partir da constitución da adopción.

 

Nacionalidade por posesión de estado

Terá dereito á nacionalidade española aquela persoa que posuíse e utilizase esta nacionalidade durante dez anos, de forma continuada, de boa fe (sen que teña coñecemento da situación real, é dicir, de que non é español en realidade), conforme un título inscrito no Rexistro Civil. A nacionalidade española non se perderá aínda que se anule o título inscrito no Rexistro Civil. O interesado debeu manter unha actitude activa na devandita posesión e utilización da nacionalidade española, isto significa que deberá terse comportado téndose a si mesmo por español, tanto no desfrute dos seus dereitos coma no cumprimento dos seus deberes en relación con órganos do Estado español.

 

Nacionalidade por opción

A opción é un beneficio que a nosa lexislación ofrece a estranxeiros que se encontran en determinadas condicións, para que adquiran a nacionalidade española. Terán dereito a adquirir a nacionalidade española por esta vía:

  • Aquelas persoas que estean ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español. Esta posibilidade caduca cando o interesado cumpre 20 anos, salvo que pola súa lei persoal o interesado non adquira a maioría de idade aos 18 anos, en cuxo caso o prazo será de dous anos dende que adquira a maioría de idade.
  • Aquelas persoas cuxo pai ou nai fose español e nacese en España.
  • Aquelas persoas cuxa determinación da filiación (a determinación da filiación significa establecer quen son os pais dunha persoa) ou nacemento en España se produza despois dos dezaoito anos de idade. Neste suposto, o prazo para optar á nacionalidade é de dous anos dende que se determina a filiación ou o nacemento.
  • Aquelas persoas cuxa adopción por españois se produza despois dos dezaoito anos de idade. Neste caso o dereito a optar existe ata que transcorra o prazo de dous anos a partir da constitución da adopción.

 

Nacionalidade por residencia

Esta forma de adquisición da nacionalidade esixe a residencia da persoa en España durante dez anos de forma legal, continuada e inmediatamente anterior á petición. Existen casos nos que o período de residencia esixido se reduce; estes son:

  • Cinco anos: para a concesión da nacionalidade española a aquelas persoas que obtivesen a condición de refuxiado
  • Dous anos: para os nacionais de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Portugal ou persoas de orixe sefardí.
  • Un ano:
    • O que nacese en territorio español.
    • O que non exerceu debidamente o seu dereito a adquirir a nacionalidade española por opción.
    • O que estivese suxeito legalmente á tutela (baixo a vixilancia dun titor), garda ou acollemento (o acollemento que permite a redución de residencia legal a un ano é aquel en que existe resolución da entidade pública que teña en cada territorio encomendada a protección de menores e os acollementos que estean xudicialmente recoñecidos) dun cidadán ou institución españois durante dous anos consecutivos, mesmo se continuar nesta situación no momento da solicitude.
    • O que, no momento da solicitude, leve un ano casado cun español ou española e non estea separado legalmente ou de feito.
    • O viúvo ou viúva de española ou español, se no momento da morte do cónxuxe non estaban separados, de feito ou xudicialmente.
    • O nacido fóra de España de pai ou nai, (nacidos tamén fóra de España), avó ou avoa, sempre que todos eles orixinariamente fosen españois.

 

Nacionalidade por carta de natureza

Esta forma de adquisición da nacionalidade, ten carácter graciable e non se suxeita ás normas xerais de procedemento administrativo. Será outorgada ou non discrecionalmente polo Goberno mediante real decreto, tras valorar a concorrencia de circunstancias excepcionais..

 

Máis Información

Ministerio de Xustiza: Como se adquire a nacionalidade española?

 

MOI IMPORTANTE:

 

PERDA E CONSERVACION DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA 

 

Como se perde a nacionalidade?

Os españois perderán a nacionalidade cando:  

  • Estean emancipados, residan no estranxeiro e adquiran voluntariamente outra nacionalidade. Poden evitar esta perda se no prazo de tres anos declaran a súa vontade de conservar a súa nacionalidade. A adquisición da nacionalidade de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal non é bastante para producir por esta causa a perda da nacionalidade española.
  • Estean emancipados residan no estranxeiro e durante tres anos utilicen exclusivamente a nacionalidade que tiveran atribuída antes da emancipación. Poden evitar esta perda se no prazo de tres anos declaran a súa vontade de conservar a súa nacionalidade. A adquisición da nacionalidade de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal non é bastante para producir por esta causa a perda da nacionalidade española.
  • Os españois emancipados que teñan outra nacionalidade, residan habitualmente no estranxeiro e renuncien voluntariamente a ela.
  • No caso de españois que nacesen no estranxeiro e sexan españois por nacer de pai ou nai español/a tamén nacido no estranxeiro, perderán a nacionalidade española se no prazo de tres anos dende a emancipación ou maioría de idade non declaran a súa vontade de conservar a nacionalidade española.

 

Os españois que non o sexan de orixe (por exemplo, os que adquiriron a nacionalidade española por residencia) perderán a nacionalidade española se:

 

  • Despois de adquirir a nacionalidade española utilizan durante un prazo de tres anos a nacionalidade á que renunciasen ao adquirir a española.
  • Cando entren voluntariamente ao servizo das armas ou exerzan un cargo político nun Estado estranxeiro contra a expresa prohibición do goberno..
  • Cando unha sentenza declare que o interesado incorreu en falsidade, ocultación ou fraude na adquisición da nacionalidade española.

 

Lugar onde realizar a declaración de conservación

Os Consulados españois no estranxeiro realizan funcións de Rexistro Civil.

 

Máis información

Ministerio de Xustiza: Como se perde a nacionalidade?

 

 

RECUPERACIÓN DA NACIONALIDADE

 

Como se recupera a nacionalidade?

Unha vez perdida a nacionalidade española existe a posibilidade de recuperala (art. 26 do Código civil); para iso será necesario cumprir os seguintes requisitos:  

  • O interesado debe ser residente legal en España. Non obstante, este requisito non será de aplicación aos emigrantes nin aos fillos de emigrantes. Ademais, poderá ser dispensado deste requisito polo Ministro de Xustiza, cando concorran circunstancias excepcionais. (ex.: persoas que realizasen actividades benéficas en favor de intereses ou asociacións españolas, Orde do Ministerio de Xustiza do 11 de xullo de 1991. BOE de 24 xullo de 1991).
  • O interesado deberá declarar ante o encargado do Rexistro Civil a súa vontade de recuperar a nacionalidade española.
  • Deberá inscribirse a recuperación da nacionalidade no Rexistro Civil.

 

Cando é necesaria a habilitación previa do Goberno para recuperar a nacionalidade española?

Será necesaria a habilitación previa do Goberno para recuperar a nacionalidade española, cando a perdesen españois que non o fosen de orixe e a perda se producise por algunha das seguintes causas:

  • Os que por un período de tres anos utilicen exclusivamente a nacionalidade á que declarasen renunciar ao adquirir a nacionalidade española.
  • Os que entren voluntariamente ao servizo das armas ou exerzan cargo político nun Estado estranxeiro contra a prohibición expresa do Goberno.
  • Cando a sentenza firme declare que o interesado incorreu en falsidade, ocultación ou fraude na adquisición da nacionalidade española.

 

Lugar onde solicitar a recuperación da nacionalidade española

A presentación da solicitude ha de realizarse no Rexistro Civil do seu domicilio. Os Consulados de España realizan funcións de Rexistro Civil.

 

 

Obtención da solicitude 

Pode obter a solicitude no Rexistro Civil do seu domicilio ou Consulado.

 

Máis información

Ministerio de Xustiza: Como se recupera a nacionalidade?

Twitter@MAECgob

  • 27 xuñ @MAECgob * ¿Sabes todo lo que pueden hacer nuestros #Consulados por ti? ✅ Expedición de #pasaportes 📃 Gestiones del Registro… https://t.co/ZfWgxBhKAM
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @SEAEXValenzuela: Hoy he inaugurado el evento "Sahel, la otra frontera" organizado por @Casaafrica en la sede de @Casaarabe. Ponencias m…
  • 27 xuñ @MAECgob * Durante su estancia, @JosepBorrellF y la Ministra de @Defensagob Margarita Robles inauguraron además una sala dedic… https://t.co/FUqv436UGS
  • 27 xuñ @MAECgob * @JosepBorrellF se ha reunido en #Bruselas con el SG de @NATO, @jensstoltenberg. Ambos abordaron asuntos en materia… https://t.co/hrqTzyG6Gt
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @Red_Carolina: Comienza un nuevo #DiálogosAméricaLatina con la intervención de @JPLaiglesia, que subraya que #AméricaLatina, que no es a…
  • 27 xuñ @MAECgob * 💬 El #SECIPIC @JPLaiglesia modera en @casamerica el debate “#AméricaLatina en un orden mundial en crisis”, con… https://t.co/Q88Hnih53c
  • 27 xuñ @MAECgob * RT @ComisionEuropea: ‼️Anunciamos las primeras 17 alianzas de "Universidades Europeas" Un total de 114 #universidades de las cuales 11 son…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @HablamosdEuropa: El #SEUE @marcoaguiriano🇪🇸 se ha reunido hoy con @USAmbEU Gordon Sondland🇺🇸 Embajador de #EEUU ante la #UnionEuropea🇪🇺…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Hemos abordado también las perspectivas del Tratado de fuerzas nucleares de alcance intermedio #INF. #España apuesta por…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @JosepBorrellF: Reunido en @NATO junto a la Ministra de Defensa con @jensstoltenberg. Hemos hablado de las perspectivas de la Alianza en…
  • 26 xuñ @MAECgob * ¿Por qué trabajar en Organizaciones Internacionales? 📁 Ganas #experiencia internacional 💬 Aprendes #idiomas 🌐 Cont… https://t.co/uGNerxuSvw
  • 26 xuñ @MAECgob * 🚰 El Fondo de #Cooperación para #Agua y #Saneamiento​ de la @AECID_es aprueba 10 intervenciones en #Guatemala🇬🇹 por… https://t.co/mFFydjuTxL
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: #AECID e @InstCervantes suman fuerzas para fomentar la enseñanza del español en #África Subsahariana. El acuerdo firmado hoy…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @AECID_es: Hoy el Director del @InstCervantes, Luis García Montero, ha visitado la Biblioteca de #AECID. Fomentamos alianzas con otros a…
  • 26 xuñ @MAECgob * RT @SpainNATO: El Ministro @JosepBorrellF y la Ministra Robles, hoy en la @NATO , saludan al Secretario General @jensstoltenberg . Los Mini…

Destaque

  • Inscríbete en el Registro de Viajeros
  • Recomendaciones de Viaje
  • Fichas por país
  • Cuenta de Twitter del Ministerio en Inglés
  • Blog del Ministerio
  • ATLAS
  • Página de Participación Ciudadana
  • Página Portal de Transparencia
  • MAEUEC / Sede Palacio de Santa Cruz
    Plaza de la Provincia, 1
    28012 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Palacio de Viana
    Duque de Rivas, 1
    28071 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • MAEUEC / Sede Torres Ágora
    Serrano Galvache, 26
    28033 MADRID
    Tfno: 91 379 97 00
  • AECID
    Avda. Reyes Católicos, 4
    28040 MADRID
    Tfno: 91 583 81 00 / 01
    Fax: 91 583 83 10 / 11
  • Dirección General de Españoles en el Exterior y de Asuntos Consulares
    C/ Pechuán, 1
    28002 MADRID
    Tfno: 91 379 17 00
Gobierno de España
©Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación
Portal gestionado por la Dirección General de Comunicación e Información Diplomática
Premio Ciudadanía 2016
Premio Ciudadanía 2016